BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20210522T093000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20210522T160000
DTSTAMP:20260501T125256
CREATED:20210427T111409Z
LAST-MODIFIED:20210511T171726Z
UID:5489-1621675800-1621699200@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Camiño de Santiago Augas Sacras (2 etapas)
DESCRIPTION:Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade\, dividida en dúas xornadas\, coñeceremos o camiño que dá nome ao programa: o Camiño de Santiago Augas Sacras. \n\nEtapa 1 – sábado\, 8 maio: Ponte Navea – Castro Caldelas.\nEtapa 2 – sábado\, 22 maio: Castro Caldelas – Doade.\n\nLembra que ao inscribirte\, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio. \nPrazas esgotadas! Moitas grazas polo voso interese! \nPrezo: \n\n8€/pax.\nInclúe: 2 rutas guiadas por guía titulado\, pequeno avituallamento nelas\, seguros e transporte en autobús.\n\nEtapa 1: Ponte Navea – Castro Caldelas (8 de maio)\nA contorna da histórica Ponte Navea é espectacular. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.\n\nProgramación – 1ª etapa\n\n09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado\, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).\n09:30 – Saída dende Castro Caldelas en autobús cara ao inicio da ruta.\n10:00 – Inicio de ruta en Ponte Navea.\n15:00-16:00 – Chegada aproximada a Castro Caldelas.\n\n\nNesta primeira etapa partimos de unha das pontes máis emblemáticas e con máis encanto da provincia de Ourense: a Ponte Navea\, unha zona declarada paisaxe protexida. Dende aquí ascenderemos ao alto de Cerdeira para xa entrar non Concello de Castro Caldelas\, onde pasaremos polas aldeas de Vilamairo\, Casfiel\, Cacidrón\, San Pedro e O Burgo. Antes de chegar ao núcleo de Castro Caldelas pasaremos polo Mosteiro de Camba\, documentado como hospital de peregrinos e do cal queda en pé a súa monumental igrexa. \nFermosa igrexa de San Xoan de Camba. O antigo mosteiro foi hospital de peregrinos. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.\n\nDatos técnicos – 1ª etapa\n\nDistancia: 18 km.\nDesnivel positivo: 550 m.\nDesnivel negativo: 400 m.\nDificultade: media. Podes ver aquí a clasificación de dificultades.\n\nA ruta ten unha dificultade técnica baixa-media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade física é media\, cunha distancia de 18 km e 550 m de desnivel positivo\, requerindo ter unha certa condición física para afrontala. \n\nEtapa 2: Castro Caldelas – Doade (22 de maio)\nEmbarcadoiros da Abeleda e de Doade no Canón do Sil\, dende as Penas de Matacás.\n\nProgramación – 2ª etapa\n\n09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado\, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).\n09:30 – Saída dende Castro Caldelas.\n14:30 – 15:30 – Chegada aproximada a Doade.\n16:00 – Regreso en autobús dende Doade a Castro Caldelas.\n\n\nA segunda etapa completa este itinerario cultural de Augas Sacras ao seu paso polo concello de Castro Caldelas\, o cal finaliza no veciño concello de Sober. Partiremos da propia vila de Castro Caldelas\, e atravesaremos zonas de incribles bosques e tamén as pendentes imposibles de viñedo que dan o nome de viticultura heroica a este arte ancestral que tan bos viños nos brinda. Nesta ruta tamén pasaremos por diferentes aldeas da zona\, e cruzaremos os ríos Edo\, Sobredo e finalmente o río Sil para afrontar a subida a Doade tamén entre os viñedos da zona de Amandi\, en Lugo. \nViñedos e bosques na contorna do río Edo\, en Celeirón. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.\n\nDatos técnicos – 2ª etapa\n\nDistancia: 18 km.\nDesnivel positivo: 700 m.\nDesnivel negativo: 900 m.\nDificultade: media-alta. Podes ver aquí a clasificación de dificultades.\n\nA ruta ten unha dificultade técnica media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade física é media-alta\, cunha distancia de 18 km e 700 m de desnivel positivo\, sendo importante tamén os 900 m de desnivel negativo\, requerindo ter unha certa condición física para afrontala. \n\nLembra que ao inscribirte\, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio. \nRecomendacións\n\nLevar roupa e calzados adecuados para camiñar\, así como roupa de choiva se as condicións meteorolóxicas así o esixen.\nLevar algo de comida e bebida para as rutas aínda que a organización proporcione un pequeno avituallamento. A hora estimada de chegada a Castro Caldelas será de 15 a 16 horas.\n\nMedidas anti COVID-19\n\n\nGuía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.\nObrigatorio o uso de máscara.\n\n\n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/camino-de-santiago-augas-sacras-2-etapas/
CATEGORIES:Sendeirismo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2021/04/destacada-camino-santiago-augas-sacras_Mesa-de-trabajo-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR