BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20200329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20201025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20201012T100000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20201012T190000
DTSTAMP:20260704T101842
CREATED:20201002T210549Z
LAST-MODIFIED:20201007T072041Z
UID:4947-1602496800-1602529200@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Gótico de Sandiás\, Sta. Mariña Augas Santas e Armea
DESCRIPTION:A través deste itinerario cultural-patrimonial descubrimos puntos crave do Patrimonio da nosa provincia e asociados ás comarcas de A Limia e Allariz-Maceda\, de gran importancia e que abranguen un amplísimo periodo de tempo na historia ourensá. \n\n\nPunto de encontro: Oficina de Xeitura\, en C/Emilia Pardo Bazán\, Allariz (Estación de Autobuses).\nVer punto exacto en el mapa: abrir en Google Maps.\nHora de inicio: 10.00 horas.\nHora fin: 19.00 horas (aprox.)\nMínimo participantes: 5 persoas.\nMáximo participantes: 9 persoas.\nDesprazamentos aos lugares de visita en coches particulares.\n\n\nPrezo da actividade: \n\nAdultos e menores dende 13 anos: 9€/pax.\nMenores até 12 anos: de balde.\nInclúe: Seguros R.C.\, visita guiada por Guía Oficial de Turismo e IVE.\n\nMáis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1). \nVisita da mañá: o gótico de Sandiás e San Salvador dos Penedos\nO luns 12 de outubro pola mañá visitaremos a igrexa de Santo Estevo de Sandiás. É unha gran oportunidade para descubrir este magnífico exemplar tardogótico con grande riqueza tanto arquitectónica como escultórica\, como poderemos ver no seu retablo maior\, obra de Francisco de Moure\, o gran expoñente da escultura galega no primeiro terzo do século XVII. \nEsta visita está patrocinada polo Concello de Sandiás. \nNesta visita\, patrocinada polo concello de Sandiás\, visitaremos coa nosa guía a fermosa igrexa gótica de Santo Estevo.\nDespois da visita ao gótico de Sandiás marcharemos cara a San Salvador dos Penedos\, parroquia do Camiño de Santiago en Allariz\, onde visitaremos a aldea coa súa igrexa románica e\, tras camiñar un anaco por un fermoso bosque autóctono\, gozaremos coas vistas e a historia descuberta no xacemento medieval do Castelo de Todea. \nCoñeceremos os segredos da igrexa románica de San Salvador dos Penedos\nTumba antropomorfa e contorna do Castelo de Todea.\nXantar libre en Allariz\nDeixaremos atrás San Salvador dos Penedos para ter tempo libre e xantar en Allariz (non incluído na actividade). Aquí recomendamos gozar das Xornadas de Carne de Boi\, que aínda se celebran nesta data. Pódese descargar a información dos establecementos adheridos a estas xornadas na web do Concello de Allariz: https://www.allariz.gal/carnedeboi/ \nVisita da tarde: Santa Mariña de Augas Santas e Armea\nPola tarde continuaremos coa visita a Sta Mariña de Augas Santas\, e o seu magnífico templo expoñente do período románico\, considerado un dos máis espectaculares e fermosos da comunidade galega e que foi declarada Monumento Nacional en 1931. Tamén daremos un pequeno paseo polo núcleo urbano\, considerado Conxunto Histórico Artístico desde 1963. \nDesde Armea teremos unhas vistas excelentes de Santa Mariña de Augas Santas\, a súa igrexa e o bosque que a rodea.\nDespois percorreremos unha preciosa zona de bosque autóctono pola que pasa outro tramo do Camiño de Santiago\, e a través de pequenas paradas interpretativas\, iremos descubrindo a realidade histórica e a lenda deste lugar máxico\, pasando polo “Forno da Santa”\, o conxunto rupestre de Monte Señoriño\, chegando ata as escavacións do Castro de Armea\, un lugar único en Galicia debido á gran riqueza arqueolóxica\, á súa potencialidade temporal e á conservación íntegra da lenda e os ritos asociados a ela. \nHistoria e lenda se mesturan nesta visita a Santa Mariña e Armea.\nRecomendacións\n\nLevar roupa e calzado cómodos\, adecuados para a realización da actividade.\nPara a visita a Santa Mariña e Armea\, levar lanterna.\n\nMedidas COVID-19\n\n\nGuía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.\nObrigatorio o uso de máscara.\n\n\nEsta actividade está patrocinada por Espazo BenComún e Amigos do BenComún. \n \n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/gotico-sandias-e-santa-marina-augas-santas/
CATEGORIES:Patrocinado por BenComún,Visita cultural,Visita guiada
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2020/10/destacada-sandias-armea.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR