BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20210814T100000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20210814T233000
DTSTAMP:20260501T105453
CREATED:20210806T114234Z
LAST-MODIFIED:20210813T095105Z
UID:7960-1628935200-1628983800@www.celtiatravel.com
SUMMARY:O Camiño Augas Sacras\, de día e de noite
DESCRIPTION:Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade\, de xornada completa\, realizaremos unha ruta de sendeirismo con visita á histórica igrexa de San Xoan de Camba\, xogaremos en familia á busca do tesouro no castelo e na vila de Castro Caldelas\, gozaremos dunha visita guiada á vila e ao castelo e realizaremos unha actividade de observación do ceo nocturno na Torre da Homenaxe. \nPodes apuntarte ás actividades que desexes. \nPrezo da actividade: \n\nActividade de mañá – Roteiro de Camba: 5€/pax.\nActividades de tarde – Visita teatralizada + Observación ceo nocturno: 8€/pax. Atención! Prazas completas.\nTodas as actividades – Roteiro de Camba + Visita teatralizada + Observación ceo nocturno: 10€/pax. Atención! Prazas completas.\n\nEn todos os casos\, o xogo para familias da busca do tesouro no castelo e a vila é opcional. \nActividade de mañá: ruta de sendeirismo\n\n\nQuedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912\, -7.415467.\nVer punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.\nHora de encontro: 10.00 horas.\nHora aprox. de finalización: 14.00 horas.\n\n\nNesta actividade realizaremos pola mañá un roteiro guiado e interpretado que nos levará polo bucle curto da Ruta dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas. No roteiro poderemos gozar de zonas de bosque\, do río Edo e do fermoso sendeiro da súa ribeira. Tamén faremos unha parada na igrexa e antigo Mosteiro de San Xoan de Camba\, para coñecer algúns dos seus segredos! \n\nOs bosques de Castro Caldelas son realmente máxicos!\nDatos técnicos da ruta de sendeirismo\n\nDistancia: 6 km.\nDesnivel positivo: 200 m.\nDificultade: baixa-media. A ruta ten pouca distancia e pouco desnivel\, e dependendo do tempo do que dispongamos despois da visita á igrexa de Camba (a metade de camiño) realizaremos unha versión máis curta ou máis longa da mesma.\nParticipantes: apta para todos os públicos cun mínimo de forma\, e nenos (a partir de 6 anos) un pouco acostumados a camiñar.\n\n\n\nAconséllase que\, segundo as condicións climatolóxicas dese día\, os asistentes vaian provistos de:\n\nLevar roupa e calzados adecuados para camiñar\nLevar algo de comida e bebida para a ruta.\nTamén recoméndase gorra e protección solar.\n\n\n\nA comida será libre en Castro Caldelas\, de 14:00 a 16:30. Despois terán lugar os xogos de busca no castelo e a vila de Castro Caldelas. \nActividade de tarde: xogos de busca en Castro Caldelas\nXa pola tarde realizaremos unha actividade no castelo e pola zona máis monumental de Castro Caldelas\, onde teremos que\, mediante pistas\, descubrir os segredos dunha das fortalezas e da vila máis espectaculares de Galicia. \n\n\nQuedamos en: porta de entrada do castelo de Castro Caldelas.\nVer punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.\nHora de encontro: 17.00 horas.\nHora aprox. de finalización: 19.00 horas.\n\n\nVisita teatralizada á vila e ao castelo\nCon motivo do remate das obras de reconstrución do castelo tras as guerras irmandiñas\, e despois dun longo litixio por mor dos moitos abusos ao que o pobo foi sometido na mesma\, a Condesa Dona Beatriz\, Señora de Castro Caldelas\, pretende restablecer a paz cos seu vasalos. Para iso convídaos a un banquete. Se conseguirán amigar? Achégate a comprobalo nunha noite única! \n\n\nQuedamos en: Praza do Prado (xunto á banderola de Un castelo no camiño).\nVer punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.\nHora de encontro: 21.00 horas (prégase estar ao menos 10 minutos antes do comezo da representación).\nHora aprox. de finalización: 23.30 horas.\n\n\nAo rematar a representación\, agasallaremos aos asistentes cun petisco no castelo. \nA Condesa de Castro Caldelas dispoñe o porvir do pobo dende o castelo\nAconséllase que os asistentes vaian provisto de roupa de abrigo\, pois a noite é fresca en Castro Caldelas e a visita desenvolverase no exterior. \nObservación do ceo nocturno\nDespois da representación e o petisco\, realizaremos unha observación do ceo nocturno dende a Torre da Homenaxe do castelo. \nA noite converte ao castelo de Castro Caldelas nun lugar cheo de maxia.\nMedidas anti COVID-19\n\n\nGuía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.\nObrigatorio o uso de máscara.\nSeguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.\n\n\n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/o-camino-augas-sacras-de-dia-de-noite/
LOCATION:Praza do Prado (Castro Caldelas)\, 42.37486\, -7.41547
CATEGORIES:Observación ceo nocturno,Sendeirismo,Visita teatralizada
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2021/08/destacada-dia-noite.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR