BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20210501T100000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20210627T170000
DTSTAMP:20260501T141849
CREATED:20210421T234856Z
LAST-MODIFIED:20210503T083541Z
UID:5455-1619863200-1624813200@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Programa Actívate en Lugo
DESCRIPTION:As próximas fins de semana de maio e xuño\, a Deputación de Lugo promove o programa Actívate en Lugo\, que coordinamos dende Celtia Travel e Xeitura. \nActívate en Lugo é un programa para fomentar o turismo de proximidade. Para cumprir con este obxectivo\, preparamos 18 actividades de turismo activo\, científico e mindfulness en diferentes concellos da provincia lucense. \nNa web do programa poderás atopar toda a información e inscricións a estas actividades. \nAquí tedes un resumo das actividades que preparamos con agarimo para este programa da Deputación de Lugo para a activación do turismo. \nActividades de turismo activo\n \n1.- Sendeirismo na fervenza de Auga Caída (Concello de Pantón) \nSábado 22/05/2021. Realizaremos unha ruta de sendeirismo de 8 kilómetros de distancia e de dificultade baixa no corazón da Ribeira Sacra para coñecer unha das fervenzas mais espectaculares de Galicia\, a Fervenza de Auga caída ou Marce. \n2.- Kaiak no río Eo (Concello de Trabada) \nDomingo 27/06/2021. Actividade de kaiak na parte baixa do río Eo\, nunha zona de augas tranquilas\, onde poderemos disfrutar da paisaxe. Á vez que navegamos tranquilamente nas embarcacións\, coñeceremos todos os segredos da zona da man dos guías. \n3.- En bici pola via verde e montes de A Pontenova \nDomingo 30/05/2021. Ruta en bicicleta de montaña de nivel medio e uns 25 kilómetros\, na que coñeceremos diferentes lugares do Concello de A Pontenova. \n4.- Surfeando na costa de Foz \nDomingo 13/06/2021. Unha actividade de iniciación á disciplina do Surf nun marco incomparable como son as praias de Foz\, na Mariña central. \n5.- Sendeirismo na costa de O Vicedo \nSábado 26/06/2021. Este sendeiro é unha combinación do PR-G 156 e outras sendas que nos permitirá admirar a beleza da costa de Lugo desde a Ría do Barqueiro e o Cabo de Estaca de\nBares ata a praia de Tixososo. Ruta de 12 km de dificultade baixa. \n6.- Barranquismo no río Eiriz\, na Serra do Courel (Concello de Folgoso do Courel) \nDomingo 2/05/2021. Unha actividade de barranquismo nun barranco excavado en lousas\, moi estético e con gran vexetación. O río Eiriz presenta bo caudal todo o ano e é asequible a todo\naquel que queira disfrutar de varios rápeles\, saltos\, tobogáns e sifóns. \n7.- Sendeirismo Castelo de Pambre e Torrentes de Mácara (Concello de Palas de Rei) \nSábado 12/06/2021. Pequeno percorrido circular de 15km polo río Ulla\, Torrentes de Mácara\, no que ademais visitaremos o Balneario de Frádegas e o Castelo de Pambre. Inclúe visita ao interior do Castelo de Pambre. \nActividades de turismo científico\n \n8.- Cospeito a vista de paxaro \nDomingo 9/05/2021. A Lagoa de Cospeito constitúe un dos humidais interiores mais importantes de Galicia\, un hábitat protexido de moi alto valor ecolóxico e paisaxístico. Nesta actividade o noso guía ornitólogo\, con prismáticos e telescopio\, nos amosará a lagoa nun paseo de 6km para coñecer as aves que habitan nela\, así como nos ecosistemas forestais que a rodean. \n9.- Iniciación aos cogumelos de primavera (Concello de O Incio) \nSábado 1/05/2021. Saída ao campo nun entorno espectacular na procura de cogumelos de primavera\, que aínda que menos abundantes que os de outono tamén se poden atopar fácilmente na nosa contorna. Daremos un pequeno paseo duns 4 kilómetros acompañados dun guía micolóxico que nos ensinará todos os segredos deste fascinante mundo. \n10.- Os incribles ceos do Xistral \nSábado 5/06/2021. Charla didáctica para ensinar a contemplar o ceo nocturno\, identificar as constelacións mais importantes de cada época do ano. Tratarase de que todo o mundo aprenda a usar os aparellos de observación dende o Concello de Muras\, que recentemente foi declarado Destino Starlight pola Fundación Starlight. \n11.- As pegadas da fauna (Conello de A Fonsagrada) \nDomingo 20/06/2021. Nesta actividade achegarémonos ao mundo dos rastros animais da man dun naturalista na zona de A Fonsagrada\, onde faremos un pequeno percorrido no que nos iremos fixando nos poibles rastros que poidan deixar os animais da zona\, así como tentaremos observar todos aqueles que poidamos\, mediante o uso de prismáticos. \n12.- Aventura no Castro de Vidalonga (Conello de Castro de Rei) \nDomingo 6/06/2021. Visita dramatizada na que se achegará aos participantes á historia do castro de Viladonga\, castro galaico-romano situado no municipio de Castro de Rei. Trala visita\nse realizará un obradoiro de cerámica dirixido aos mais pequenos e no que pode participar toda a familia. \n13.- Entre viñedos ao carón do Canón do Sil (Concello de Sober) \nDomingo 16/05/2021. No corazón do Canón do Sil faremos unha pequena ruta para disfrutar dos viñedos colgados sobre o río Sil e pasaremos polos miradores do Duque e pena do Castelo.\nAo rematar a ruta achegaremonos a unha das adegas da zona onde poderemos degustar os fabulosos viños que con tanto esforzo e agarimo se producen nesta zona única e espectacular. \n14.- O Courel\, onde as forzas xeolóxicas dobraron montañas (Concello de Quiroga) \nSábado 15/05/2021. Realizaremos esta actividade no Courel\, declarado pola UNESCO como Xeoparque Mundial. Este paseo xeolóxico polo concello de Quiroga permitirá descubrir as pegadas que deixou na serra do Courel\, un dos maiores choques entre continentes que existiu na historia do noso planeta. \nActividades de mindfulness\n \n15.- Baños de bosque nos Ancares (Concello de Cervantes) \nSábado 29/05/2021. Na natureza todo ten o seu propio ritmo. Solo parándonos poderemos velo. Os baños de bosque ou Shinrin-yoku é unha terapia orixinaria de Xapón que permite baixar o ritmo\, espertar os sentidos e relaxarte. A idea é vivir a túa propia experiencia sensorial a través de pequenas actividades propostas por unha guía que che permitirán conectar co entorno. \n16.- Triacastela cos cinco sentidos \nSábado 8/05/2021. Obradoiro creativo deseñado para que a infancia descubra o mundo que a rodea a través dos sentidos. Mediante a realización de pequenos xogos poderán desenvolver\nas súas capacidades e desfrutar dun ambiente tranquilo e relaxado. O espazo onde se levará a cabo a actividade está deseñado especialmente para descubrir\, experimentar e compartir en grupo. \n17.- Introdución ao Tai-Chi (Concello de Guntín) \nSábado 19/06/2021. Introdución ó Tai Chi\, coñecemento da súa orixe e como relaxarse a través desta arte milenaria. \n18.- Introdución ao Ioga (Concello de Mondoñedo) \nDomingo 23/05/2021. Esta actividade é unha maneira sinxela e accesible de iniciarte no Ioga desde a base. Falaremos sobre qué é o Ioga e cómo pode mellorar a nosa vida vida. Tamén falaremos sobre a respiración como ferramenta para combatir o estrés e mellorar a saúde. A parte práctica contén: Mantra\, secuencia de asanas (posturas físicas)\, pranayama (técnicas de control da respiración)\, meditación e relaxación. \nMais información e inscricións\nVisita web da Deputación de Lugo sobre o programa Actívate en Lugo\, e consulta toda a información das actividades\n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/programa-activate-en-lugo/
CATEGORIES:Familias,Observación ceo nocturno,Sendeirismo,Visita teatralizada
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2021/04/destacada-activate-lugo2.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR