BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20260620T090000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20260620T140000
DTSTAMP:20260910T115627
CREATED:20260611T144551Z
LAST-MODIFIED:20260611T154812Z
UID:10931-1781946000-1781964000@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Ruta 2. Vilariño de Conso: Edrada e San Mamede de Edrada
DESCRIPTION:Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas\, unha por concello\, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable. \n \nAs inscricións para a primeira ruta estarán abertas ata o vernes 19 de xuño ás 14:00 h. \nRuta 2 – Vilariño de Conso: Edrada e San Mamede de Edrada\nSábado 20 de xuño. \nA ruta estrutúrase en dous bucles enlazados. O primeiro\, de 7\,5 km e 480 m de desnivel acumulado\, parte da Área recreativa de Edrada e chega ata San Mamede de Edrada pasando polo miradoiro da fervenza de Edrada. O segundo\, de 11\,5 km e 280 m de desnivel acumulado\, comeza en San Mamede de Edrada e funciona como complemento para quen queira alongar a andaina\, rematando novamente na Área recreativa de Edrada. \nAo longo do percorrido poderanse descubrir lugares como Edrada\, o miradoiro da fervenza de Edrada\, San Mamede de Edrada e a Cova Chellos\, nunha contorna de gran valor natural e paisaxístico. \nA dificultade estimada é media / media-alta\, cun tempo aproximado de 5 horas para quen realice os dous bucles. \n\n\nHora de saída: 09:00h\nLugar: área recreativa de Edrada.\nVer lugar de encontro en Google Maps.\nActividade de balde. Necesaria inscrición.\n\n\n\nApto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos\, acompañados por un/a adulto/a.\nAnimais permitidos.\n\nBucle 1: Edrada – San Mamede de Edrada\n\nDistancia: 7\,5 km.\nDesnivel acumulado: 480 m.\nInicio: Área recreativa de Edrada.\nFinal: San Mamede de Edrada / enlace co Bucle 2.\nDificultade: media.\nTrack Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/edrada-miradoiro-san-mamede-de-edrada-edrada-bucle-1-268606124\n\nO Bucle 1 comeza na Área recreativa de Edrada e permite descubrir a contorna máis próxima ao val. O itinerario achégase ao miradoiro da fervenza de Edrada\, un dos puntos máis fermosos do percorrido\, desde onde se pode contemplar a caída de auga e a paisaxe de montaña que a rodea. \nA ruta continúa cara a San Mamede de Edrada\, lugar de interese patrimonial e paisaxístico. Este tramo permite gozar de camiños tradicionais\, vistas abertas e dunha contorna natural moi representativa do concello de Vilariño de Conso. \nAo chegar a San Mamede de Edrada\, as persoas participantes poderán optar por continuar co Bucle 2\, ampliando así a ruta\, ou rematar esta primeira parte de novo na área recreativa de Edrada. \nBucle 2: San Mamede de Edrada – Área recreativa de Edrada\n\nDistancia: 11\,5 km.\nDesnivel acumulado: 280 m.\nInicio: San Mamede de Edrada.\nFinal: Área recreativa de Edrada.\nDificultade: media-alta.\nTrack Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-mamede-edrada-bucle-2-268821166\n\nO Bucle 2 é o tramo complementario da ruta para aquelas persoas que queiran alongar a a ruta e completar unha experiencia máis ampla. A diferenza do Bucle 1\, este percorrido comeza en San Mamede de Edrada e remata na Área recreativa de Edrada\, funcionando como enlace de regreso para quen decida facer os dous bucles. \nTrátase dun percorrido de aproximadamente 11\,5 km\,  cun desnivel positivo acumulado de arredor de 280 m. O itinerario acada unha altitude máxima próxima aos 1.309 m e descende progresivamente ata a contorna da Área recreativa de Edrada\, situada arredor dos 881 m. \nAo longo deste segundo tramo a ruta percorre unha paisaxe de montaña aberta\, con zonas de forte carácter natural e vistas amplas sobre o territorio. O camiño pasa por varios puntos de interese sinalados no track\, como a Cova de Chellos\, a  Cheminea Central de Soutelo\, un Curral \, o Encoro Edrada-Conso e remata na Área Recreativa de Edrada. \nIndicacións\n\nLevar roupa e calzado cómodos\, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.\nHaberá varios puntos de avituallamento en ruta\, pero recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido.\nRecoméndase bastóns de trekking debido a dificultade da ruta (tamén levará a organización).\nRespectar o medio natural sen tirar lixo\, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.\nHidratarse convenintemente.\nUso recomendado de gorro/a\, crema solar e lentes.\nRespectar as instrucións da organización.\n\n \n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/ruta-2-vilar-de-conso-edrada-e-san-mamede-de-edrada/
LOCATION:Área recreativa de Edrada\, 42.147757\, -7.231295
CATEGORIES:Sendeirismo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2026/06/IMG_0365-destac.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR