BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20210403T120000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20210911T190000
DTSTAMP:20260501T162620
CREATED:20210421T101746Z
LAST-MODIFIED:20210902T004643Z
UID:5377-1617451200-1631386800@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Un castelo no Camiño Augas Sacras
DESCRIPTION:Entre os meses de abril e setembro de 2021 o concello de Castro Caldelas promove Un castelo no Camiño Augas Sacras\, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia\, e que dende Celtia Travel e Xeitura temos o pracer de coordinar. \nCon este programa\, Castro Caldelas quere situar no seu castelo o eixo dinamizador da actividade cultural da Ribeira Sacra na primavera e verán de 2021. Para iso preparamos visitas teatralizadas\, espectáculos\, exposicións e actividades deportivas coas que poñer en valor o patrimonio cultural\, natural e gastronómico desta zona da Ribeira Sacra. \nCartaz do programa Un castelo no Camiño Augas Sacras\, cheo de actividades para dinamizar e promover o Xacobeo 21-22 en Castro Caldelas\nO fin último do proxecto é a difusión do Camiño Augas Sacras\, vía de peregrinación entre os concellos de Sober\, Larouco\, A Teixeira\, Petín\, Trives\, Monforte\, Castro Caldelas e San Xoán de Río\, segundo corroboran os documentos recentemente achados que sitúan ao Mosteiro de Camba como albergue de peregrinos. \nAs inscricións abriranse periódicamente antes de cada actividade. Informamos nesta web e no noso Facebook. \n1. Presentación do programa en Castro Caldelas\nPresentaron o programa de Un castelo no Camiño Augas Sacras a alcaldesa de Castro Caldelas Sara Inés Vega\, a Directora de Turismo da Xunta de Galicia Nava Castro\, e os alcaldes de Sober\, Larouco\, A Teixeira\, Petín\, Trives\, Monforte\, Castro Caldelas e San Xoán de Río.\nSábado\, 3 abril 2021 \nA presentación do programa de Un castelo no Camiño Augas Sacras\, na que se incluíu un acto dramatizado\, foi a cargo da alcaldesa de Castro Caldelas\, Sara Inés Vega\, xunto coa Directora de Turismo da Xunta de Galicia\, Mª Nava Castro\, e os rexedores dos municipios polos que discorre o Camiño de Santiago Augas Sacras. \nTrala presentación do programa por parte das autoridades implicadas\, a inauguración das actividades continuaron no castelo co espectáculo teatral Suaren Bataila\, que combina diferentes técnicas de lume\, interpretación\, danza e aéreos. \n2. Actividade de exaltación de produtos locais: cogumelos e queixo\n \nSábado\, 24 abril 2021 \nNesta actividade unha camiñada de 4 km nos arredores de Castro Caldelas levaranos na procura de especies micolóxicas primaverais. Pola tarde\, a visita a unha queixería la zona permitiranos coñecer o proceso de creación dos seus queixos. Ambas actividades inclúen petiscos relacionados con estes produtos. \n3. Roteiro Camiño Augas Sacras\n \nSábado\, 8 maio 2021 \nDaremos a coñecer parte do Camiño de Santiago Augas Sacras co tramo da ruta entre Ponte Navea e Castro Caldelas. \nSábado\, 22 maio 2021 \nContinuaremos co Camiño de Santiago Augas Sacras entre Castro Caldelas e Doade. \n4. Exposición no castelo de Castro Caldelas\n \nVenres\, 14 maio 2021 \nO 14 de maio inaugurarase unha exposición fixa sobre o Camiño de Santiago Augas Sacras no museo do castelo de Castro Caldelas. Podedes visitala dende entón ata finais do programa Un castelo no Camiño Augas Sacras. Non vola perdades! \nO mesmo día terá lugar unha actividade xuvenil sobre o xogo do peregrino de Castro Caldelas\, na que participará o colexio do municipio. \n5. Actividade de exaltación de produtos locais: bica e mel\n \nSábado\, 12 xuño 2021 \nPoñeremos en valor un dos produtos gastronómicos máis recoñecidos de Castro Caldelas: a bica mantecada\, xunto co mel. A actividade consistirá nun pequeno roteiro e unha actividade complementaria relacionada con estes ricos alimentos da zona.\n6. Roteiro de Camba e xogo do Peregrino\n \nSábado\, 26 xuño 2021 – Sábado\, 14 agosto 2021 – Sábado\, 4 setembro 2021 – Próximamente máis información e inscricións \nTres datas para gozar dunha ruta ao redor do Mosteiro de San Xoan de Camba\, icona do Camiño de Santiago Augas Sacras\, e dos xogos de busca no castelo e na vila de Castro Caldelas. Unha actividade perfecta para realizar en familia. \n7. Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas\n \nSábado\, 3 xullo 2021 – Sábado\, 24 xullo 2021 – Sábado\, 7 agosto 2021 – Sábado\, 14 agosto 2021 \nTes catro ocasións de coñecer a grande fortaleza da Ribeira Sacra neste verán\, e ademais de facelo dunha forma diferente. Anota as datas\, e non cha perdas! \n8. O Camiño de Santiago e as estrelas\n \nSábado\, 14 agosto 2021 \nUnha chea de actividades no día grande de Un castelo no Camiño Augas Sacras. Comezaremos co Roteiro de Camba\, seguiremos cunha visita teatralizada ao castelo e remataremos cun visionado de estrelas. \n9. Actividade de exaltación de produtos locais: o viño\n \nSábado\, 11 setembro 2021 \nPara pechar o programa de Un castelo no Camiño Augas Sacras\, dedicaremos a derradeira actividade a outro dos produtos gastronómicos máis recoñecidos de Castro Caldelas: o viño\, de D.O. Ribeira Sacra. A actividade consistirá nun pequeno roteiro e unha actividade complementaria relacionada cos marabillosos caldos da zona.\nInformación e inscricións\n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/un-castelo-no-camino-augas-sacras/
CATEGORIES:Gastronomía,Observación ceo nocturno,Sendeirismo,Visita teatralizada
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2021/04/destacada-un-castelo-no-camino-augas-sacras.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR