Un paseo por Allariz

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Un paseo por Allariz

18 julio 2020
As rúas de Allariz agardan por ti nesta visita guiada pola vila.

Visita guiada ao conxunto histórico e artístico da vila de Allariz.

  • Quedamos en: Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz.
  • Ver punto exacto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 11.00 horas.
  • Duración: 2 horas (aprox.).
  • Distancia recorrida: 3 km.
  • Dificultade: baixa (apta para nenos).
  • Peche de inscricións: 17 de xullo ás 15:00 horas.

Máis información sobre a actividade en noemiad@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).

Descrición da visita

A nosa Guía Oficial de Turismo vaite amosar os monumentos de Allariz neste entretido paseo, como a igrexa románica de Santa María de Vilanova (á esquerda).

Descubre con nós todos os espectaculares rincóns da vila de Allariz, as súas interesantes historias e as misteriosas lendas a través dun paseo polas súas rúas onde nos deleitaremos con xoias do románico como a Igrexa de Santiago; lugares cheos de encanto como a Praza do Couto, con algún segrediño agochado, ou a inspiradora tranquilidade do paseo ás beiras do río Arnoia.

Un paseo cheo de historia e historias cunha sorpresiña polo medio. Queres saber de que se trata? Anímate e vente de visita con nós!

A igrexa de Santiago, sita no centro urbano da vila, é unha xoia do románico de Allariz e unha das igrexas máis fermosas de todo o románico galego.

A ruta pode verse modificada por axentes externos á organización, como: oficios relixiosos, imprevistos… dos que Xeitura Xestión Integral do Patrimonio non se responsabiliza pero si fará todo o posible por solventalos.

A Ponte de Vilanova sobre o río Arnoia é outro fermoso elemento da historia alaricana.

Recomendacións

  • Levar calzado cómodo, adecuado para a realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.

Esta actividade está patrocinada por Espazo BenComún e Amigos do BenComún.

18 julio 2020

Datos de interés

Categorías de Evento: ,
Mínimo participantes: 5pax.
Máximo participantes: 15pax.
Importante levar calzado cómodo.
Apto para todos os públicos.
Adultos e nenos a partir de 12 anos: 10€/pax.
Menores de 12 anos: gratis.
O prezo inclúe: acompañamento na visita, seguro RC, explicacións interpretativas por Guía Oficial de Turismo, IVE.
Peche de inscricións 17 de xullo ás 15:00 horas.

PUNTO DE ENCONTRO E INICIO:
Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz, ás 11:00 horas · Prégase puntualidade ·
Ver mapa de localización.

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.