BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20230520T080000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20230604T170000
DTSTAMP:20260501T051607
CREATED:20230508T105742Z
LAST-MODIFIED:20230508T114017Z
UID:9736-1684569600-1685898000@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Vive o Rio Minho 2023
DESCRIPTION:Os vindeiros fins de semana de maio e o primeiro de xuño\, a Deputación de Pontevedra promove o programa Vive o rio Minho\, que dende Celtia Travel e Xeitura temos o pracer de coordinar. \nVive o rio Minho é un programa de actividades promovido pola Deputación de Pontevedra e co-financiado con fondos FEDER a través do programa «Interreg V-A (POCTEP) 2014-2020».\nO programa Vive o rio Minho xurde pola necesidade de por en valor e dar a coñecer o territorio que abrangue o proxecto Visit Rio Minho\, e o fai con actividades que combinan deporte\, natureza\, cultura\, gastronomía\, astronomía e outros valores presentes neste marabilloso territorio transfronteirizo. \nNa web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal/vive-o-rio-minho poderás atopar toda a información e as inscricións a estas actividades. \nAs inscricións ábrense cada luns antes da actividade. \n1. Caiac e sendeirismo polo río Miño \nDomingo\, 14 maio 2023 \n \nA actividade comprende unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do río Tamuxe e o porto de Goián\, onde tamén se visitará a súa fortaleza. Esta ruta\, de 10 km e baixa dificultade\, denomínase Senda dos Pescadores. Despois realizarase o tramo inverso en caiac polo río. Ambas as rutas estarán guiadas e interpretadas\, e discorren por un lugar natural e cultural de gran beleza. \n2.  Visita a Melgaço e ao Museo Arabo + rafting no río Miño\nSábado\, 20 maio 2023 \n \nRealizarase unha visita guiada á poboación de Melgaço e ao Solar do Alvarinho en Portugal\, despois visitarase o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Museo Arabo)\, no municipio de Arbo. O xantar será libre pola zona e de tarde gozaremos dun descenso en rafting polo río Miño na zona de Arbo\, dirixido pola empresa local Arrepións. \n3. Sendeirismo en Monção + visita a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño\nSábado\, 27 maio 2023 \n \nRealizarase unha ruta circular\, duns 12 km e dificultade media\, que discorre pola zona de Longos Vales de Monção. Ao mediodía as e os participantes poderán xantar nalgún lugar próximo\, coma Monção ou Salvaterra de Miño. Pola tarde realizarase unha visita guiada a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño\, cunha degustación ao final. \n4. Ruta das Cetáreas na Guarda\, visita a unha bodega + Santa María de Oia + observación astronómica\n\nSábado\, 3 xuño 2023 \n \nRealizarase unha pequena ruta desde A Guarda polo Camiño de Santiago da Costa ata unha cetárea\, e ao regreso coñecerase o Museo do Mar. Despois visitarase unha bodega local na que se fará unha degustación. O xantar será libre pola zona e de tarde visitarase o mosteiro de Santa María de Oia e farase unha ruta de sendeirismo\, que pasa por el. Para rematar\, contemplaranseda Pedreira\, onde ao solpor se gozará dunha cea tipo pícnic\, proporcionada pola organización\, e dunha actividade de observación astronómica. \n5. Visita a Caminha e pequena ruta de sendeirismo + visita ao forte da Ínsua\n\nDomingo\, 4 xuño 2023 \n \nRealizaranse unha visita cultural aos lugares máis emblemáticos da vila de Caminha e\, a continuación\, unha pequena ruta de sendeirismo na contorna da praia de Moledo. Finalmente\, rematarase cunha visita ao forte da Ínsua\, xusto na desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha\, ao que se accederá en barca. \nMás información e inscripciones\nVisita a web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal/vive-o-rio-minho\, e apúntate ás túas actividades favoritas. As inscricións para cada actividade estarán abertas o luns anterior á súa celebración.\n  \n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/vive-o-rio-minho-2023/
CATEGORIES:Cicloturismo,Gastronomía,Observación astronómica,Sendeirismo,Turismo de aventura,Visita guiada
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2023/05/vive-o-minho-2023-destacada.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR