BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Celtia Travel - ECPv4.9.7//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Celtia Travel
X-ORIGINAL-URL:https://www.celtiatravel.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Celtia Travel
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Madrid"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Madrid":20260827T090000
DTEND;TZID="Europe/Madrid":20260830T160000
DTSTAMP:20260814T174618
CREATED:20260812T081015Z
LAST-MODIFIED:20260814T160323Z
UID:11193-1787821200-1788105600@www.celtiatravel.com
SUMMARY:Voluntariado ambiental - agosto
DESCRIPTION:O concello de Larouco\, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia\, organiza este voluntariado ambiental para a conservación e posta en valor do medio natural desta parte do Macizo Central ourensano. Queres participar? Apúntate de balde! \nPodes apuntarte ata o mércores 26 de agosto ás 12:00 h. As prazas son moi limitadas! \n\n\nDirixido a maiores de 18 anos residentes na comunidade de Galicia.\nAloxamento (no albergue O Lar de Larouco) e manutención incluídos.\nMateriais\, traslados para as actividades do campo de voluntariado e seguros de RC e accidentes incluídos.\nO traslado desde o lugar de residencia ata Larouco corre por parte dos participantes.\n\n\nActividades do campo de voluntariado\nOs participantes realizarán actividades de conservación ambiental\, tales como: \n\nLimpeza de lixo dos camiños da rede de sendeiros sinalizados e retirada de maleza superficial (restos de ramas e restos vexetais que dificulten o paso).\nElaboración e colocación de caixas-niño para favorecer a reproducción de diferentes especies de aves.\nElaboración de carteis para especies arbóreas representativas na zona de O Castrillón.\nContribución ó inventario de fauna e flora da zona\, mediante observación durante as actividades.\n\nE\, ademais das actividades principais do voluntariado\, realizarán outras complementarias como: \n\nDinámicas grupais.\nVisitas culturais a lugares emblemáticos da zona: Covas de Seadur\, Santuario das Ermitas…\n\nIncorporación e despedida\nO voluntariado celebrarase do xoves 27 ao domingo 30 de agosto. \n\nExiste a opción de apuntarte en lista de agarda para asistir do venres 28 ao domingo 30 de agosto. Ao ter preferencia as persoas que acudirán desde o xoves\, se te apuntas para vir o venres avisaríamoste o antes posible de se tes praza. \n\n\nA incorporación terá lugar o xoves 27 ao longo da mañá\, ata as 14:00 h.\n\nOs participantes que veñan o venres 28 poderán incorporarse ao longo da tarde\, ata as 21:00 h.\n\n\nA despedida será o domingo 30 ás 16:00 h\, despois do xantar.\nAs comidas do xoves e do domingo están incluídas.\n\nTamén existe a posibilidade de asistir ao voluntariado entre o 17 e o 20 de setembro. Podes inscribirte aquí. \nMáis información no teléfono 616 667 446\, ou no correo info@celtiatravel.com. \n  \n \n
URL:https://www.celtiatravel.com/evento/voluntariado-ambiental-en-larouco/
LOCATION:Albergue O Lar\, Bienvenido Arias\, 7\, Larouco\, Ourense\, 32358\, España
CATEGORIES:Campo de voluntariado,Natureza
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.celtiatravel.com/wp-content/uploads/2026/08/voluntariado-ambiental-larouco-destac.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR