Aviso legal

Información xeral

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmase os usuarios e/ou clientes do sitio web www.celtiatravel.com que devandito dominio pertence a Celtia Travel (pertencente a Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural S. Coop. Galega), axencia de viaxes especializada na realización de excursións e viaxes de sendeirismo en grupo, con N.I.F. F32449514, domicilio social en Rúa Hospital, 10 – Planta baixa (32660 Allariz, Ourense), dirección de correo electrónico info@celtiatravel.com, e número de teléfono (+34) 616 667 446.

Condicións de uso

A sociedade titular do sitio web www.celtiatravel.com pon ao dispor dos usuarios o presente documento co que pretende informarlles respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.

A sociedade titular do sitio web www.celtiatravel.com poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas. Así mesmo, a sociedade titular do sitio web www.celtiatravel.com resérvase o dereito para modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no devandito sitio web, sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web.

Responsabilidade

O sitio web www.celtiatravel.com pode conter información, opinións, consellos, advertencias e comentarios realizados por calquera usuario do sitio web. A sociedade titular non pode garantir a fiabilidade, utilidade ou veracidade da información, nin tampouco a continuidade, precisión ou exhaustividade da mesma nin dos resultados obtidos a partir do uso que se poida dar á devandita información, e non terá ningunha responsabilidade respecto dos usuarios. Do mesmo xeito, a sociedade titular do sitio web www.celtiatravel.com exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

Desde o sitio web é posible que se redirixa a contidos de terceiros. Dado que a sociedade titular do sitio web www.celtiatravel.com non pode revisar os contidos introducidos polos terceiros nos seus sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a devanditos contidos. Os riscos derivados da consulta de tales páxinas web enlazadas a esta corresponden exclusivamente aos usuarios, que deberán rexerse polos termos e condicións de utilización das páxinas web consultadas.

As marcas e logotipos que aparecen no sitio web www.celtiatravel.com son marcas de Celtia Travel e de terceiros, e non poden utilizarse en ningún tipo de anuncios ou outros materiais publicitarios, relativos á distribución de calquera información ou contido extraído desta páxina web sen o previo consentimento por escrito do propietario da marca.

Se para a utilización, prestación e/ou contratación dalgún produto ou servizo ofrecido a través do sitio web www.celtiatravel.com, o usuario debese proceder ao seu rexistro, este será responsable de achegar información veraz e lícita, garantindo a autenticidade de todos aqueles datos que introduza á hora de cumprimentar os formularios preestablecidos para acceder aos produtos ou servizos de que se trate.

Política de privacidade

En virtude do disposto na Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que nos facilite mediante o enchemento dos formularios existentes na nosa web quedarán incorporados aos ficheiros titularidade de Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural S. Coop. Galega, con domicilio social en Rúa Hospital, 10 – Planta baixa (32660 Allariz, Ourense). Os datos persoais que nos confíe serán tratados coa finalidade de levar a cabo a xestión e o control da nosa relación comercial con vostede, así como, no caso da subscrición á nosa newsletter, para manterlle informado por medios electrónicos sobre cuestións relativas á actividade da compañía e os seus servizos. Vostede pode exercer, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal mediante correo electrónico dirixido a info@celtiatravel.com, ou ben dirixíndose por escrito á dirección postal Rúa Hospital, 10 – Planta baixa (32660 Allariz, Ourense), achegando unha fotocopia do seu DNI.

Política de cookies

O sitio www.celtiatravel.com utiliza cookies: pequenos arquivos de información enviados ao navegador, mediante un servidor web, coa finalidade de rexistrar as actividades dos usuarios durante o seu tempo de navegación pola web. Informámoslle de que estas cookies non poden utilizarse para o rastrexo dos usuarios de www.celtiatravel.com, e non nos serven para ningún propósito comercial fóra de de facilitar a navegación dos usuarios e de desenvolver labores estatísticos e analíticas das visitas ao sitio web.

Todo usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e impedir a súa instalación no seu navegador. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

Licencia Creative Commons dos contidos

O sitio web www.celtiatravel.com utiliza unha licenza Creative Commons CC–BY–NC–ND: os seus textos e imaxes están baixo unha licenza CC – Recoñecemento – Non Comercial – Sen Obra Derivada 4.0 Internacional.

Isto significa que vostede é libre de difundir o contido desta web, sempre que o faga sen modificar, coa obriga de citar e enlazar como autor a Celtia Travel, e só para fins non comerciais. Ademais, para a difusión do contido vostede debe utilizar o mesmo tipo de licenza (CC-BY-NC-ND).

Con todo, estas condicións teñen as seguintes excepcións:

  • Non se aplica aos contidos (textos, gráficos, informacións, imaxes…) publicados no sitio web www.celtiatravel.com e procedentes de terceiros, como elementos de publicidade, logotipos e marcas de clientes e colaboradores, e comentarios de usuarios. Todos os dereitos sobre estes contidos quedan estritamente reservados ao seu titular e, polo tanto, non poderán ser reproducidos, distribuídos, transformados ou comunicados publicamente sen o consentimento expreso do mesmo.
  • Tampouco se aplica á nosa marca e logotipo, cuxos dereitos quedan igualmente reservados ao titular do sitio web www.celtiatravel.com, e, polo tanto, non poderán ser reproducidos, distribuídos, transformados ou comunicados publicamente sen o consentimento expreso do mesmo.

Se vostede vai utilizar o contido con fins directa ou indirectamente comerciais e non se acolle exactamente a esta licenza, por favor póñase en contacto connosco (como titulares da licenza) para que autoricemos o seu uso.

Comunicacións

Calquera comunicación do usuario co titular do sitio web www.celtiatravel.com debe realizarse a través dos medios de contacto arriba indicados, preferentemente por vía electrónica.

As comunicacións do titular do sitio web www.celtiatravel.com cara ao usuario realizaranse preferentemente por vía electrónica, utilizando para iso os datos de contacto subministrados. O usuario acepta expresamente a utilización do correo electrónico como procedemento válido para o intercambio de información e a remisión de comunicacións entre o usuario e o titular.

Lei aplicable e xurisdición

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co sitio web www.celtiatravel.com ou das actividades nel desenvoltas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Ourense (España).