Travesía en O Courel

Cargando Eventos

Travesía en O Courel

29-30 Xuño 2019
Reserva 70€
Un bosque único en el corazón del Courel
Un lugar único en Galicia e en O Courel: a Devesa de Rogueira

Sábado 29 de junio. Etapa 1: Alto do Couto-Seoane

O sábado realizaremos unha ruta por unha das paraxes máis espectaculares do Courel, sairemos do alto do Couto para ascender ao Pico Formigueiros e logo entraremos na espectacular Devesa de Rogueira, un bosque cunha variedade espectacular de especies de árbores, ademais visitaremos a coñecida como Fonte de Ferro. Despois de atravesar a aldea de Moreda e ascender ao monte Cido, iremos pola marxe do río Lor ata a aldea de Seoane onde faremos noite en casa Ferreiro.

Vista xeral do Pico Formigueiros e A Devesa de Rogueira
  • Quedamos en: Casa Ferreiro. Aquí deixaremos as maletas e iremos en coches ata o punto de inicio no alto do Couto.
  • Ver mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de quedada: 10:30 am.

Datos técnicos da ruta do sábado: Alto Couto-Seoane

  • Tipo de ruta: lineal
  • Distancia: 13 km 
  • Desnivel positivo: 700 m
  • Dificultade: media

Aínda que subimos ao pico Formigueiros, o resto da ruta é practicamente en descenso, polo que a dificultade radica en que nalgúns tramos descéndese bastante.

Domingo 30 de junio. Etapa 2: Seoane-Alto do Couto

O domingo regresaremos ao punto de partida por camiños totalmente diferentes ao primeiro día, pasaremos polos Soutos de Mostad, polas ruínas do Castelo de Carbedo e pola abandonada aldea de Moreda Maior, para acabar no alto do Couto.

Panorámica desde Seoane do Courel
  • Saímos de: Casa Ferreiro (Seoane do Courel)
  • Hora de saída: 10:00 am.

Datos técnicos ruta do domingo: Seoane-Alto do Couto

  • Tipo de ruta: lineal
  • Distancia: 15 km 
  • Desnivel positivo: 1.200 m
  • Dificultade: media-alta

Aínda que a ruta non é dunha distancia moi elevada, se que ten un desnivel positivo acumulado bastante alto, aínda que repartido en diferentes tramos do roteiro, polo que está catalogada con dificultade media-alta.

Recomendacións

  • Para o primeiro día hai que levar comida (tipo picnic) e auga dabondo, pois xantaremos nalgún punto da ruta. A comida do segundo día proporcionaraa a organización (será tamén tipo pícnic, para comer durante a ruta).
  • Levar roupa e calzado adecuados para la realización de la actividad. Recomendamos llevar pantalón largo.
  • As rutas son en zonas de montaña onde o tempo pode ser moi cambiante, é recomendable levar algo de roupa de abrigo.
  • Ambas as rutas esixen ter un estado físico aceptable para poder realizalas (ver dificultades). Se tes algunha dúbida de se podes realizalas ou non, non dubides en consultarnos.
29-30 Xuño 2019
Reserva 70€

Datos de interese

Tipo de Evento: ,
Mínimo participantes: 8 persoas
Máximo participantes: 18 personas.

Prezo

→ Opción única (Hotel 1 noite habitación dobre): 70€/persoa. Inclúe: aloxamento en cuarto dobre* a noite do sábado, 1 cea, 1 almorzo, 1 pícnic para o roteiro do domingo, 2 roteiros guiados, seguros (RC e accidentes) e IVE.
Queres durmir tamén o venres? Consúltanos!
* SOBRE A OPCIÓN CON HABITACIÓN DOBRE: para esta actividade só está dispoñible a inscrición en habitación dobre compartida. Se non tes compañeiro, podes inscribirte en espera de que te asignemos un.

Lugar de encontro

Casa Ferreiro (Seoane do Courel)

Rúa San Xoan, 24
Seoane do Courel, Lugo 27324 España

+ Google Map

Programación

  • Sábado, 22 de xuño: Alto Couto-Seoane
  • 10:30 - Quedamos na casa rural para deixar maletas e saír ao punto de inicio
  • 11:00 - Inicio da ruta
  • 17:30 - Fin de ruta en Seoane
  • 21:00 - Cea
  • Domingo, 23 de xuño: Seoane-Alto do Couto
  • 9:00 - Almorzo
  • 10:00 - Inicio da ruta
  • 17:00 - Fin de ruta e da actividade (hora aproximada)
  •  

COMIDAS:

- Para o primeiro día é necesario levar o xantar (tipo pícnic) e auga dabondo, posto que realizaremos a comida nalgún punto da ruta.

- O xantar do segundo día proporcionao a organización (tipo pícnic, para comer durante a ruta).

RESERVAS. Indica o número na opción que elixas:

6 dispoñible
Habitación dobre 1 noite70,00Inclúe: aloxamento en CUARTO DOBRE a noite do sábado, 1 cea, 1 almorzo, 1 pícnic para o roteiro do domingo, 2 roteiros guiados, seguros (RC e accidentes) e IVE.