Nós/FAQ

Quen somos?

Celtia Travel é unha axencia de viaxes con sede na provincia de Ourense e orientada a ofertar actividades na natureza e en lugares de interese cultural, nas que ademais de gozar realizando actividade física como camiñar ou andar en bicicleta, aprenderemos e valoraremos o rico patrimonio que nos rodea.

A maioría das nosas propostas son na provincia de Ourense, aínda que tamén realizamos actividades noutros lugares de Galicia, así como de España e Portugal.

Celtia Travel está xestionada por Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural S. Coop. Galega, unha equipa multidisciplinar de especialistas en diversos ámbitos como a arqueoloxía, o medio ambiente ou a cultura. Contamos con guías especializados e titulados para todas as actividades que ofertamos.

Ponte en contacto connosco:

FAQ / Preguntas frecuentes

Son todas as actividades de Celtia Travel aptas para todos os públicos?

Non o son, posto que organizamos actividades de moi diferentes temáticas e de diferentes niveis. Para saber o nivel de dificultade dunha actividade deberás ler atentamente a descrición, onde especificamos o nivel de dificultade de cada actividade, pero se aínda así tes dúbidas, o mellor é que che poñas en contacto connosco.

Nas rutas guiadas, podo ir ao meu aire á marxe do grupo?

As actividades organizadas por Celtia Travel que leven un guía están pensadas para ir en grupo e atender ás explicacións do guía, polo que deberemos adaptarnos á velocidade que marque este por o ben da actividade e pola nosa seguridade.

Pode anularse unha actividade por mal tempo?

A nosa filosofía é non anular nunca unha actividade por mal tempo, agás situacións extremas ou avisos metereolóxicos.