Un paseo por Pena Trevinca

Flechas de una de las rutas de senderismo por los Montes de Trevinca que nos llevan a coronar la cumbre más alta de Galicia

Un paseo por Pena Trevinca

O denominado teito de Galicia, a súa montaña máis alta (con 2.127 m de altitude), atópase na parte oriental da súa xeografía, separándoa de Castela e León e practicamente dividindo as provincias de Ourense, León e Zamora.

Pero, de ónde vén o seu nome?

O seu nome non está claro. A versión máis romántica o asocia a unha planta rubidora, a Vinca minor L., que vive en bosques desde os 500 aos 1.400 m de altitude.

Flores violeta y hojas de la planta trepadora Vinca minor
Flores e follas de Vinca minor. Foto de Jina Lee (c) 2007, con licencia CC BY-SA 3.0, en https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2769112

Pero o máis probable, ao estar prácticamente na divisoria das 3 provincias, é que proveña de "TRE-FINCA" (Tres Fincas, polas demarcaciones de Ourense, León e Zamora), "TRE-VINCO" (Tres Vínculos, en referencia ao acordo entre as tres demarcaciones) o "TRE-FINCAS" (Tres Asentamentos, en referencia ao lugar onde se xuntaban os alcaldes ou responsables dos tres territorios).

Esta interesante información sobre a toponimia de Pena Trevinca foi obtida a partir do documento elaborado por Antonio Fernández Pena, Cholo, disponible en: http://www.otrisquel.com/sp/publicaciones/Toponimia_nombre_trevinca.pdf

Teito de Galicia

Xunto a Pena Trevinca hai na zona varias montañas que exceden os 2.000 metros, como son Pena Negra (2.121 m) e Pena Surbia (2.116 m). Limitan todas estas co veciño Parque Natural Lago de Sanabria na provincia de Zamora. O Macizo de Pena Trevinca fórmano 5 cadeas montañosas: Serra do Eixo, Serra da Mina, Serra Cabreira, Serra Calva e Serra Segundeira.

Cumbres nevadas de Pena Negra y Pena Trevinca desde Pena Surbia. Macizo de Trevinca (Ourense)
Fantástica panorámica de Pena Negra (centro) e Pena Trevinca (esquerda) desde Pena Surbia

O valor dun pasado glaciar

A retirada das linguas de xeo da última época glaciar (hai 10.000 anos) deu paso ás múltiples lagoas de montaña e zonas húmidas que salpican esta serra, por exemplo a pequena “Lagoa do Penedo” (mal chamada en moitos mapas Lagoa da Serpe, xa que esta se atopa a uns 3 km cara ao oeste de Pena Trevinca).

Pequeña Lagoa do Rego do Penedo a los pies de una cumbre nevada de los Montes de Trevinca
Lagoa do Penedo, de orixe glaciar, aos pés de Pena Surbia

Estas lagoas e zonas húmidas teñen un valor ecolóxico moi alto, e albergan especies vexetais e animais moi importantes para o ecosistema, entre os que destacan os anfibios.

Un sapo corredor (Epidalea calamita) entre pastos de alta montaña
Sapo corredor ou corriqueiro (Epidalea calamita), típico habitante das zonas húmidas de alta montaña. As súas patas, relativamente máis longas que as doutros sapos, confírenlle o peculiar movemento que lle dá nome

Figuras de protección

Os altos valores naturais desta zona propiciaron a súa declaración como espazo natural dentro da Rede Natura 2000, así como ZEC (Zona de especial Conservación) e ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves). Ademais non faltaron intentos (lamentablemente infrutuosos) de declarar esta zona, xunto coa de Manzaneda, como Parque Natural, e polos seus altos valores naturais e paisaxísticos ben o merecese para evitar a deterioración ambiental ao que facilmente pode verse sometida.

Flor rosa, de cinco grandes pétalos muy abiertos y estambres y pistilo muy visibles, de diente de perro (Erythronium dens-canis)
O dente de can, Erythronium dens-canis, é un fermoso habitante das alturas que medra a máis de 1.000 m. Podemos gozar da súa espléndida floración a principios de primavera

Como chegar ata o teito de Galicia

Para chegar a Pena Trevinca temos varias opcións, todas elas camiñando. Unha delas e a máis sinxela por ser a de menor desnivel é desde Fonte da Cova, no límite entre Ourense e León, nun roteiro duns 18 km (ida e volta), lineal e de apenas 400 metros de desnivel positivo.

Temos outras opcións para ascender desde a parte ourensá desde as aldeas de Vilanova ou A Ponte no Concello da Veiga, cuns roteiros máis esixentes fisicamente. Tamén desde a parte zamorana pódese chegar partindo desde o pobo de Porto ou desde a Laguna de los Peces, ambos no Parque Natural Lago de Sanabria.

Un grupo de senderistas camina por alta montaña hacia Pena Trevinca, la montaña más alta de Galicia, en un entorno primaveral en el que las cumbres todavía conservan neveros
En ruta cara a Pena Trevinca

Un tesouro escondido

Os Montes de Trevinca esconden unha auténtica xoia natural: o Teixadal de Casaio, que alberga impresionantes exemplares de teixos e atesoura unha historia tan ampla que merece unha entrada propia neste blog. Teixadal de Casaio, que alberga impresionantes ejemplares de tejos y atesora una historia tan amplia que merece una entrada propia en este blog.

Un grupo de senderistas se dirige al Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) por un camino muy estrecho del valle en medio de la niebla
En ruta ao Teixadal de Casaio, que coa néboa vólvese aínda máis máxico