Obradoiro de observación de aves

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de observación de aves

09 marzo 2025

O concello de Vilar de Santos organiza esta serie de actividades coa intención de pór o foco no valor ambiental da aldea de Saa dentro da área da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Nesta actividade achegarémonos ó mundo das aves, concretamente ás da Reserva da Biosfera na zona de Vilar de Santos. Comezaremos a actividade na Aldea de Saa, onde tras unha pequena explicación da actividade percorreremos os arredores para observar as aves máis forestais. Despois achegarémonos nos nosos vehículos ata a zona das veigas para observar as aves ligadas ao medio agrícola e acuático na zona das areeiras e o río Limia.

Inscricións para persoas empadroadas en Vilar de Santos abertas dende o 24 de febreiro. As persoas non empadroadas en Vilar de Santos poderán inscribirse a partir do venres 28 de febreiro.

  • Obradoiro de caixas niño na aldea de Saa – 9 marzo.
  • Quedamos en: aldea de Saa (Vilar de Santos).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas (aproximadamente).
  • Actividade de balde.
  • Apto para todos os públicos. Nenos recomendado a partir de 6 anos.
  • A actividade inclúe guía de ornitoloxía, uso de prismáticos e telescopio, seguros de RC e accidentes.

Inscricións

  • Necesaria inscrición nesta web, con prioridade de persoas empadroadas en Vilar de Santos:
    • As persoas empadroadas en Vilar de Santos terán preferencia na inscrición ata o xoves 27 de febreiro ás 23:59 h, ou ata esgotar as prazas.
    • As persoas non empadroadas en Vilar de Santos poderán inscribirse dende o venres 28 ata o sábado 8 de marzo ás 23:59 h, ou ata esgotar as prazas.
  • Prazas limitadas a 20 persoas.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado adecuados para camiñar e roupa de abrigo.
  • Levar auga e algo de comida para o descanso.
  • Levar prismáticos se se dispón deles.

 

09 marzo 2025

Datos de interés

Categorías de Evento: , ,
De balde!
Preferencia na inscrición de persoas empadroadas en Vilar de Santos

Lugar de encuentro

Aldea de Saa

42.0928153,-7.7893573

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.