Xornada de portas abertas na aldea de Saa

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Xornada de portas abertas na aldea de Saa

23 marzo 2025

O concello de Vilar de Santos organiza esta serie de actividades coa intención de pór o foco no valor ambiental da aldea de Saa dentro da área da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Nesta actividade, dirixida aos veciños de Vilar de Santos e a todas aquelas persoas que o desexen, coñeceremos os proxectos culturais e ambientais realizados nos últimos tempos na aldea de Saa e na súa contorna. Percorreremos tamén a ruta do Ruxidoiro (2 km) e achegarémonos para finalizar á zona das Veigas. Disfrutaremos dun petisco durante a actividade!

  • Xornada de portas abertas na aldea de Saa – 23 marzo.
  • Quedamos en: aldea de Saa (Vilar de Santos).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas (aproximadamente).
  • Actividade de balde.
  • Apto para todos os públicos. Nenos recomendado a partir de 6 anos.
  • A actividade inclúe seguros de RC e accidentes.

Inscricións

  • Necesaria inscrición nesta web.
  • Prazas limitadas a 20 persoas.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado adecuados para camiñar e roupa de abrigo.
  • Levar auga e algo de comida para o descanso.

 

23 marzo 2025

Lugar de encuentro

Aldea de Saa

42.0928153,-7.7893573

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.