O Xeodestino VerÃn-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o venres 18 de setembro ás 19:00 h.
Ruta 11 – ruta da auga de VerÃn
Domingo 20 de setembro, ás 9:00 horas. Ruta circular.
A Ruta 11 das Andainas Xeodestino 2026 VerÃn-Monterrei, desenvolverase no concello de VerÃn. Ao longo do percorrido, as persoas participantes poderán coñecer mellor a relación histórica de VerÃn coa auga mineral, os mananciais e os antigos espazos termais, ademais de gozar dun trazado agradable que combina zonas urbanas, camiños tradicionais, espazos naturais e a contorna do rÃo Támega.
- Distancia: 16 km.
- Dificultade: media.
- Duración: 4 horas (aproximadamente).
- Desnivel acumulado: 100 metros.
- Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
- Animais permitidos.
- Hora de saÃda: 9:00h
- Lugar: Praza do Concello de VerÃn.
- Ver lugar de encontro en Google Maps.
- Actividade de balde. Necesaria inscrición.
Track e máis información
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-auga-verin-xeodestino-2026-285738737
Indicacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
- Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aÃnda que a organización aporte auga e froita.
- Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
- Hidratarse convenintemente.
- Respectar as instrucións da organización.


