Ruta 12: pola contorna de Monterrei

Cargando Eventos

Ruta 12: pola contorna de Monterrei

04 octubre 2026

O Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o venres 2 de outubro ás 14:00 h.

Ruta 12 – pola contorna de Monterrei

Domingo 4 de outubro, ás 9:00 horas. Ruta circular.

A Ruta 12 das Andainas Xeodestino 2026 Verín-Monterrei, desenvolverase no concello de Monterrei, cunha proposta polo entorno da propia vila para coñecer a súa contorna.

  • Distancia: 16 km.
  • Dificultade: media.
  • Duración: 4 horas (aproximadamente).
  • Desnivel acumulado: 270 metros.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Hora de saída: 9:00h
  • Lugar: ao carón do edificio do Concello en Albarellos.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-do-vino-monterrei-xeodestino-2026-287283854

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aínda que a organización aporte auga e froita.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Respectar as instrucións da organización.

04 octubre 2026

Lugar de encuentro

Casa do Concello de Monterrei

41.9518204, -7.4967855

+ Google Map

Indica el número de reservas:

4 outubro. Rutas Xeodestino 2026: MonterreiGratis