Actividade de micoloxía

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Actividade de micoloxía

22 octubre 2023

Dentro do programa de voluntariado Somos Referentes, o vindeiro 22 de outubro terá lugar no concello de Vilar de Barrio esta actividade de sendeirismo e micoloxía como unha xornada de sensibilización ambiental. Na actividade descubriremos o mundo da micoloxía no Concello de Vilar de Barrio, cunha camiñada de sendeirismo micolóxico educacional e un pequeno taller de identificación de cogomelos no que coñeceremos as diferentes especies que podemos atopar e as toxicidades dalguns dos xéneros que atopemos dentro da contorna de Seiró e Padreda.

Ao finalizar fárase unha pequena exposición das especies atopadas na mañá e unha pequena degustación de cogomelos e petiscos no Bar A Chaira (Bóveda).

As inscricións péchanse o venres 20 de outubro, ás 23:59 h.

  • Actividade de micoloxía – 22 outubro.
  • Quedamos en: Seiró (Vilar de Barrio).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Tempo estimado de duración: 3:30 horas.
  • Actividade de balde.
  • Necesaria inscrición nesta web.
  • Poden ir nenos/as acompañados dun adulto.
  • Prazas limitadas!

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Cesta e navalla (a organización levará distintas cestas por se alguén a necesitase).

 

22 octubre 2023

Lugar de encuentro

Seiró

42.183446,-7.626101

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.