Dentro do programa de voluntariado Somos Referentes, o vindeiro 22 de outubro terá lugar no concello de Vilar de Barrio esta actividade de sendeirismo e micoloxÃa como unha xornada de sensibilización ambiental. Na actividade descubriremos o mundo da micoloxÃa no Concello de Vilar de Barrio, cunha camiñada de sendeirismo micolóxico educacional e un pequeno taller de identificación de cogomelos no que coñeceremos as diferentes especies que podemos atopar e as toxicidades dalguns dos xéneros que atopemos dentro da contorna de Seiró e Padreda.
Ao finalizar fárase unha pequena exposición das especies atopadas na mañá e unha pequena degustación de cogomelos e petiscos no Bar A Chaira (Bóveda).
As inscricións péchanse o venres 20 de outubro, ás 23:59 h.
- Actividade de micoloxÃa – 22 outubro.
- Quedamos en: Seiró (Vilar de Barrio).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 10.00 horas.
- Tempo estimado de duración: 3:30 horas.
- Actividade de balde.
- Necesaria inscrición nesta web.
- Poden ir nenos/as acompañados dun adulto.
- Prazas limitadas!
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
- Cesta e navalla (a organización levará distintas cestas por se alguén a necesitase).

