O domingo 19 de xuño inaugúrase a nova sinalización do Sendeiro de Parada en Vilar de Santos cunha andaina organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Arracada.
- Máis información sobre a actividade no teléfono 635 48 24 77.
- As inscricións están pechadas dende o venres 17 de maio, ás 13:00 h.
Prezo
- Persoas socias da Asociación Arracada: de balde.
- Persoas non socias: 5€.
A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.
O pago non se fará no momento da inscrición, senón en man o propio día da andaina.
A participación na andaina inclúe:
- Ruta guiada.
- Avituallamentos.
- Sorteo de agasallos por parte dos colaboradores.
- Seguros RC e accidentes.
Encontro
- Ás 9:00 h, en Parada de Outeiro (xunto á igrexa de Santa María).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
Datos da andaina
A ruta de sendeirismo circular do Sendeiro de Parada pode facerse na súa versión curta ou longa.
Ruta curta
- Distancia: 5,4 km.
- Dificultade: baixa.
- Ver o roteiro en Wikiloc.
Ruta longa
- Distancia: 9,7 km.
- Dificultade: media.
- Ver o roteiro en Wikiloc.
Recomendacións
- Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de roupa e calzado cómodos e aptos para camiñar, bastón, auga, crema solar e gorra.
- Percorrido apto para nenos/as maiores de 10 anos, sempre acompañados dun adulto.
A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.
O pago non se fará no momento da inscrición, senón en man o propio día da andaina.
Organiza
Colaboran