Andaina solidaria por Ucraína

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Andaina solidaria por Ucraína

21 mayo 2022

O proxecto Rosalía da Universidade de Vigo, o concello de A Pobra de Trives e a asociación SOS Termópil Galitzia promoven esta andaina solidaria por Ucraína, coa que dende Xeitura e Celtia Travel temos o pracer de participar de forma solidaria.

O proxecto Rosalía é unha iniciativa que ofrece acompañamento e apoio psicolóxico a mulleres ucraínas e os seus fillos e fillas chegadas a Galicia. A iniciativa, voluntaria e altruísta, busca a colaboración de psicólogas, psicólogos e outros profesionais tanto da comunidade universitaria como fóra dela para desenvolver as súas actividades. SOS Ternópil Galitzia é unha iniciativa cidadá ourensá de axuda ás e aos refuxiados de Ucraína que xa ten traído varios grupos tanto á cidade de Ourense como á zona de Trives.

  • Máis información sobre a actividade no teléfono 635 48 24 77.
  • As inscricións estarán abertas ata o venres 20 de maio, ás 23:59 h.

Aportación

A aportación será de 10€/participante.

A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.

O pago non se fará no momento da inscrición, senón en man o propio día da andaina.

A recadación será íntegra para as persoas refuxiadas de Ucraína no concello de Trives. A participación no evento inclúe:

  • Ruta guiada.
  • Dous avituallamentos.
  • Seguros RC e accidentes.
  • Comida solidaria de confraternización ao rematar a ruta, con produtos típicos de Trives e Ucraína.

Datos da andaina solidaria

Ruta de sendeirismo circular Trives – Avós – Pena Folenche – Trives, con paso polos sequeiros de Pena Folenche e un tramo da Via Nova.

  • Encontro: ás 10:00 h, na Casa do Concello de A Pobra de Trives.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.

Recomendacións

Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de:

  • Roupa e calzado cómodos e aptos para camiñar, bastón, auga, crema solar e gorra.
  • Percorrido apto para nenos/as maiores de 10 anos, sempre acompañados dun adulto.

A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.

O pago non se fará no momento da inscrición, senón en man o propio día da andaina.

 

21 mayo 2022

Precio

10€/participante
O pago dos 10€ farase en man o propio día da andaina.
A inscrición previa nesta web é obrigatoria para poder asistir á andaina.

Lugar de encuentro

Casa do Concello da Pobra de Trives

42.3406753,-7.2519272

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.