As pegadas de Mariña – 6/08/2021 sesión 18:00

Cargando Eventos

As pegadas de Mariña – 6/08/2021 sesión 18:00

06 agosto 2021
Reserva 12€

No marco do Camiño de Santiago, dende Xeitura promovemos xunto ao concello de Allariz As Pegadas de Mariña, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Trátase de visitas teatralizadas ao conxunto arqueolóxico de Armea, marabilloso lugar onde se mestura a lenda coa historia real.

  • As Pegadas de Mariña. 6 de agosto ás 18:00 horas.
  • Quedamos en: aparcadoiro do lugar de Armea.
  • Ver punto exacto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
  • Tempo de duración: 90 minutos, aproximadamente.
  • Dificultade: baixa (apta para menores). Non apta para persoas con mobilidade reducida.
  • Prazas limitadas a 15 persoas por pase.

Prezo:

  • Adultos e menores dende 13 anos: 12€/pax.
  • Menores ata 12 anos: 8€/pax.

DATAS DAS ACTUACIÓNS.

Ven e coñece dun xeito diferente o conxunto arqueolóxico de Armea e a súa relación co Camiño de Santiago

Así, a través dun percurso ao anoitecer duns 90 minutos de duración descubriremos as lendas deste enclave único e máxico do Camiño Mozárabe de Santiago grazas a tres personaxes que dunha forma didáctica e amena nos permitirán descubrir toda a historia da milenaria Cibdá de Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
06 agosto 2021
Reserva 12€

Datos de interés

Categorías de Evento: ,
Importante levar calzado cómodo e pechado, e roupa acorde á metereoloxía.
Máximo participantes: 15 persoas.

Precio

Adultos e menores dende 13 anos: 12€/pax.
Menores ata 12 anos: 8€/pax.

Lugar de encuentro

Lugar de Armea (Allariz)

42.24131,-7.79422

+ Google Map

PUNTO DE ENCONTRO E INICIO:
Aparcadoiro do lugar de Armea.
Ver mapa de localización.

Indica el número de reservas:

As Pegadas de Mariña. Adultos e menores dende 13 anos - 6/08/2021 ás 18:0012,00
As Pegadas de Mariña. Menores ata 13 anos - 6/08/2021 ás 18:008,00