Bica e mel en Castro Caldelas

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Bica e mel en Castro Caldelas

12 junio 2021
Nesta actividade coñeceremos mellor dous dos produtos gastronómicos de calidade de Castro Caldelas, e gozaremos dunha das súas rutas de sendeirismo

Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, de xornada completa, coñeceremos os valores gastronómicos de dous produtos típicos de Castro Caldelas: a bica, doce típico destas terras e con gran tradición, e a mel, que se elabora nesta zona multifloral e de gran calidade.

Prezo da actividade:

  • 3€/pax.
  • Inclúe: guía intérprete titulado durante a actividade, ruta guiada, visita a produtora de mel e obradoiro de bicas, seguro RC e accidentes, e IVE.
  • Non inclúe: comida.

Actividade de mañá: mel e pequena ruta

  • Quedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912, -7.415467.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas.

Visitaremos unha produtora de mel na zona de Cacidrón, e logo realizaremos un pequeno roteiro de sendeirismo de 6 km máximo na contorna de Matacás.

A mel de Castro Caldelas ten a súa orixe nas flores dos fermosos campos do municipio

Datos técnicos da ruta de sendeirismo

  • Distancia: 3-6 km.
  • Desnivel positivo: 200 m.
  • Dificultade: baixa. A ruta ten pouca distacia e pouco desnivel, e dependendo do tempo do que dispongamos realizaremos unha versión máis curta ou máis longa.
A ruta pola contorna das Penas de Matacás ten unhas vistas espectaculares sobre o Canón do río Sil, na Ribeira Sacra

A comida será libre en Castro Caldelas, de 14:00 a 16:30. Despois terá lugar a visita ao obradoiro de bicas.

Actividade de tarde: visita a obradoiro de bicas

Despois do xantar libre en Castro Caldelas, pola tarde volverémonos a reunir para visitar un obradoiro de bicas, onde nos explicarán como se realiza este doce típico e poderemos catalo.

  • Quedamos en: Bicas Malena.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 17.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 18.00 horas.
A bica de Castro Caldelas ten unha ben merecida fama de delicia gastronómica

Recomendacións

Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de:

  • Levar roupa e calzados adecuados para camiñar.
  • Roupa de choiva se as condicións meteorolóxicas así o esixen.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
  • Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.
12 junio 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: , ,
Máximo participantes: 15pax.

Precio

3€/pax.
Inclúe: guía intérprete titulado durante a actividade, ruta de sendeirismo, visita a produtora de mel, visita a obradoiro de bicas, seguro RC e accidentes, e IVE.
Non inclúe: comida (será libre).

Lugar de encuentro

Praza do Prado (Castro Caldelas)

42.37486, -7.41547

+ Google Map

Programación

  • 10:00 - Encontro na Praza do Prado de Castro Caldelas (prégase estar ao menos 10 minutos antes), e saída en coche ata a produtora de mel
  • 10:15 a 11:15 - Visita á produtora de mel
  • 11:30 a 14:00 - Ruta sendeirismo guiada pola contorna de Matacás
  • 14:00 a 16:30 - Comida libre
  • 17:00 a 18:00 - Visita obradoiro de bicas
  •  

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.