Faise camiño ao andar. Camiñadas

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Faise camiño ao andar. Camiñadas

29-19 agosto 2021

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o concello de Laza promove o proxecto Faise camiño ao andar, co que se pretende amosar mediante visitas guiadas, visitas dramatizadas e camiñadas a grande riqueza monumental, paisaxística e etnográfica de Laza asociada ao Camiño de Santiago.

  • Actividades de balde.
  • É necesaria inscrición.
  • Nº máximo: 60 persoas.
  • As reservas pecharanse o venres anterior á camiñada.

Podes apuntarte a unha ou varias etapas nesta mesma páxina. Máis información sobre as camiñadas no 635482477.

CAMIÑADAS. Coñecendo o noso Camiño deixamos pegada.

Percorridos por tres etapas do Camiño de Santiago no concello.

Estas son as súas datas:

  • Domingo, 29 agosto. Etapa 1: Campobecerros – Laza (15 km).
  • Domingo, 5 setembro. Etapa 2: Verín – Laza (20 km).
  • Domingo, 19 setembro. Etapa 3: Laza – Vilar de Barrio (19 km).

Etapa 1: Campobecerros – Laza

Saída desde Laza ás 8:00 h para achegarnos en autobús a Campobecerros. Iniciaremos desde a mesma localidade o percorrido seguinte: Campobecerros, Portocamba, As Eiras e Laza.

  • Domingo, 29 de agosto.
  • Dificultade media.
  • Distancia aproximada: 15 km.
  • Saída de Laza en bus: ás 8.00 horas, xunto á Casa do Concello (ver en Google Maps).
  • Inicio de etapa en Campobecerros: ás 8.30 horas, xunto á Casa Núñez (ver en Google Maps).
  • Hora aproximada de chegada a Laza: 13.30 horas.
  • Avituallamento a mitade de camino.
  • Pequeno petisco ao chegar a Laza.

Etapa 2: Verín – Laza

Saída desde Laza ás 8:00 h para achegarnos en autobús a Verín.Iniciaremos desde a mesma localidade o percorrido seguinte: Verín, A Pousa, Mixós, Estevesiños, Vences, Arcucelos, Retorta, Matamá e Laza.

  • Domingo, 5 de setembro.
  • Dificultade media.
  • Distancia aproximada: 20 km.
  • Saída de Laza en bus: 8.00 horas, xunto á Casa do Concello (ver en Google Maps).
  • Inicio de etapa en Verín: ás 8:30 horas, no Camiño do Río (xunto á ponte do Paseo do Támega). Ver en Google Maps.
  • Hora aproximada de chegada a Laza: 14.15 horas.
  • Avituallamento a mitade de camino.
  • Pequeno petisco ao chegar a Laza.

Haberá autobús de regreso para os participantes da localidade de Verín.

Etapa 3: Laza – Vilar de Barrio

Saída desde Laza ás 8:00 h para realizar o Camiño Sueste – Vía da Prata, co percorrido seguinte: Laza, Soutelo Verde, Tamicelas, A Alberguería e Vilar de Barrio.

  • Domingo, 19 de setembro.
  • Dificultade media-alta.
  • Distancia aproximada: 19 km.
  • Saída de Laza e inicio de etapa: 8.00 horas, xunto á Casa do Concello (ver en Google Maps).
  • Hora aproximada de chegada a Vilar de Barrio: 13.30 horas.
  • Saída do autobús de regreso a Laza: 14.00 horas (aproximadamente).
  • Avituallamento a mitade de camino.
  • Pequeno petisco ao chegar a Vilar de Barrio.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
29-19 agosto 2021

Precio

De balde.

Lugar de encuentro

Casa do Concello de Laza

42.06094, -7.4618

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.