Estas actividades están patrocinadas por Espazo BenComún e Amigos do BenComún de Allariz.
ATENCIÓN: aprázanse estas actividades sen data por mor da situación sanitaria actual.
Xornada do sábado, 24/10/2020
- Punto de encontro: Oficina de Xeitura, en C/Emilia Pardo Bazán, Allariz (Estación de Autobuses).
- Ver punto exacto en el mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 10.00 horas.
- Hora fin: 19.00 horas (aprox.)
- Traslados en coches particulares.
Prezo da actividade do sábado:
- Adultos e menores desde 13 anos: 9€/pax.
- Menores até 12 anos: de balde.
Xornada do domingo, 25/10/2020
- Punto de encontro: Aparcadoiro de Santa Mariña de Augas Santas.
- Ver punto exacto en el mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 10.00 horas.
- Hora fin: 14.30 horas (aprox.)
- Traslados en coches particulares.
Prezo da actividade do domingo:
- Adultos e menores desde 13 anos: 12€/pax.
- Menores até 12 anos: de balde.
Máis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com.
Polas novas medidas da Xunta de Galicia respecto á Covid’19, disminúese o aforo a 9 persoas máximo.
As actividades inclúen visita máis agasallo! Podes inscribirte a toda a fin de semana, ou só a un dÃa.
Sábado, 24 de outubro
Pola mañá realizarase unha visita ao Románico Da Limia: son moitas as pequenas parroquias rurais que conservan, en maior ou menor medida, restos das súas primitivas construccións románicas caracterizadas pola súa sinxeleza arquitectónica pero con grande riqueza escultórica.

O xantar será libre, e pola tarde visitaremos a Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, un dos exemplos relixiosos máis curiosos da comarca, nun estilo menos habitual na contorna. Descubre con nós o seu espectacular retábulo, obra do gran Francisco de Moure, e toda a súa historia.

Domingo, 25 de outubro
A mañá do domingo, de 10:00 a 14:30 horas aproximadamente, realizaremos o roteiro Arqueolóxico de Armea e visitaremos os exteriores da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.

Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
- Lanterna para a visita do domingo.
Medidas COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
ATENCIÓN: aprázanse estas actividades sen data por mor da situación sanitaria actual.