O sábado 9 de xullo inaugúrase a Ruta dos Lagares e Vía Romana, novo sendeiro co que o concello de Larouco quere poñer en valor o seu grande patrimonio ligado ao viño. Visitaremos varios lagares rupestres recentemente descubertos no concello, e percorreremos parte do trazado da Via Nova romana. Unha ruta apta para todos os públicos.
Prezo e peche de inscricións
- Andaina de balde. As inscricións están pechadas dende o venres 8 de xullo ás 12:00 h.
Comida ao finalizar a ruta (opcional): 16€.As prazas con comida están completas. Moitas grazas!
A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.
A participación na andaina inclúe:
- Ruta guiada.
- Seguros RC e accidentes.
A comida terá lugar nas piscinas de Larouco.
Encontro
- Ás 10:30 h, no panel de inicio da ruta (xunto á igrexa de Santa María de Larouco).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
Datos da andaina
A Ruta dos Lagares e da Vía Romana é un sendeiro circular con punto de inicio en Larouco.
- Distancia: 6,5 km.
- Dificultade: baixa.
- Tempo estimado: 3 horas.
Recomendacións
- Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de roupa e calzado cómodos e aptos para camiñar, bastón, auga, crema solar e gorra.
- Percorrido apto para nenos/as maiores de 10 anos, sempre acompañados dun adulto.
A inscrición previa na web é obrigatoria. Só as persoas inscritas poderán participar na andaina.