O vindeiro 2 de decembro terá lugar no concello de Vilar de Barrio unha actividade de sensibilización ambiental adicada á importancia da producción primaria para o mantemento do rural.
Na actividade, trataremos distintos aspectos cos produtores da zona, sendo asimesmo benvida calquera outra persoa que queira achegarse á xornada e participar. En primeiro lugar, gustarÃanos coñecer como é a súa vida no rural, cales son as súas inquedanzas resultado dun estilo de vida e profesión. Ademais, gustarÃanos coñecer cales serÃan as propostas de mellora que proporÃan dende a súa experiencia e tratar de facer unha cartografÃa identificando aqueles proxectos de produción primaria que se levan a cabo no Concello de Vilar de Barrio.
Para finalizar, farase unha pequena degustación dalgúns produtos elaborados na zona da Limia.
Atención! Evento ADIADO. Próximamente indicarase nova data de celebración.
- Actividade de sensibilización ambiental – O latexo do rural – 2 decembro.
- Quedamos en: Salón de actos da biblioteca (Vilar de Barrio).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 11.00 horas.
- Tempo estimado de duración: 3 horas.
- Actividade de balde.
- Necesaria inscrición nesta web.