O concello de Vilar de Barrio promociona esta actividade de observación do ceo nocturno, que se desenvolverá pola Agrupación Astronómica RÃas Baixas. A actividade consistirá nun pequeno petisco e camiñada duns 2,5 km ata o lugar de observación. Despois do fin da actividade de observación do ceo nocturno, prevista ás 24:00 h (aproximadamente), volveremos a Bóveda tamén camiñando.
As inscricións péchanse o luns 21 de agosto, ás 23:59 h.
- Observación ceo nocturno en Bóveda – 22 agosto.
- Quedamos en: Bar A Chaira, de Bóveda (Vilar de Barrio).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 21.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 24.30 horas (aproximadamente).
- Actividade de balde.
- Necesaria inscrición nesta web.
- Prazas limitadas!
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos e abrigados, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
- Levar esterilla ou similar para sentarse no chan, e manta ou saco de durmir como abrigo.
- Lanterna.