Ruta 1. Cualedro: ruta dos castros

Cargando Eventos

Ruta 1. Cualedro: ruta dos castros

30 mayo 2026

Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátanse de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para a primeira ruta estarán abertas ata o vernes 29 de maio ás 14:00 h.

Ruta 1 – Cualedro: Ruta dos Castros

Sábado 30 de maio. Ruta circular

  • Distancia: 16 km.
  • Dificultade: media-baixa.
  • Duración: 4 horas (aproximadamente).
  • Desnivel aproximado: 196 metros.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Hora de saída: 09:00h
  • Lugar: aparcadoiro do Castro da Saceda.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • O máximo de participantes é de 50 persoas.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Descrición da ruta e patrimonio que se visitará

A Ruta dos Castros é unha andaina circular de 16 km e dificultade media-baixa, con saída no aparcamento do Castro da Saceda. O percorrido combina patrimonio arqueolóxico, paisaxe aberta e elementos da arquitectura popular, pasando por A Cidá da Saceda, o Castro de San Millao, o Forno, os Muíños do río Pichos e a Pontella.

A Cidá da Saceda sitúase nun outeiro rochoso a 798 m de altitude, entre a Serra do Larouco e a depresión do río Támega. Foi ocupada entre os séculos VI a. C. e I d. C., escavada na década de 1980 e declarada Ben de Interese Cultural en 2011.

O Castro de San Millao é un dos xacementos máis monumentais da comarca. Destaca polas súas poderosas murallas e polo seu singular campo de pedras fincadas, un sistema defensivo pouco frecuente en Galicia. O asentamento está datado entre os séculos I a. C. e II d. C.

Puntos de interese:

  • Castro da Saceda.
  • Castro de San Millao.
  • Forno.
  • Muíños do río Pichos.
  • Pontella.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-castros-cualedro-265323801

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Uso recomendado de gorro/a, crema solar e lentes.
  • Levar roupa e calzado cómodos.
  • Respectar as instrucións da organización.

 

30 mayo 2026

Lugar de encuentro

Aparcadoiro do Castro da Saceda

41.930724,-7.627039

+ Google Map

Indica el número de reservas:

30 maio. Rutas Xeodestino 2026: CualedroGratis