Ruta 11: ruta da auga de Verín

Cargando Eventos

Ruta 11: ruta da auga de Verín

20 septiembre 2026

O Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o venres 18 de setembro ás 19:00 h.

Ruta 11 – ruta da auga de Verín

Domingo 20 de setembro, ás 9:00 horas. Ruta circular.

A Ruta 11 das Andainas Xeodestino 2026 Verín-Monterrei, desenvolverase no concello de Verín. Ao longo do percorrido, as persoas participantes poderán coñecer mellor a relación histórica de Verín coa auga mineral, os mananciais e os antigos espazos termais, ademais de gozar dun trazado agradable que combina zonas urbanas, camiños tradicionais, espazos naturais e a contorna do río Támega.

  • Distancia: 16 km.
  • Dificultade: media.
  • Duración: 4 horas (aproximadamente).
  • Desnivel acumulado: 100 metros.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Hora de saída: 9:00h
  • Lugar: Praza do Concello de Verín.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-auga-verin-xeodestino-2026-285738737

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aínda que a organización aporte auga e froita.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Respectar as instrucións da organización.

20 septiembre 2026

Lugar de encuentro

Praza do Concello de Verín

41.938513, -7.437696

+ Google Map

Indica el número de reservas:

20 setembro. Rutas Xeodestino 2026: VerínGratis