Ruta 6: pola contorna de A Gudiña

Cargando Eventos

Ruta 6: pola contorna de A Gudiña

08 agosto 2026
Gratuito Gratuito

O Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o venres 7 de agosto ás 18:00 h.

Ruta 6 – ruta pola contorna de A Gudiña

Sábado 8 de agosto, ás 22:00 h. Ruta circular.

A Ruta 6 das Andainas Xeodestino 2026 Verín-Monterrei, desenvolverase no concello de A Gudiña, cunha proposta polo entorno da propia vila para coñecer a súa contorna en especial o monte do Testeiro.

  • Distancia: 9,5 km.
  • Dificultade: media.
  • Desnivel acumulado: 315 metros.
  • Duración: 2,5 horas (aproximadamente).
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Por ser unha ruta nocturna hai que levar lanterna.
  • Hora de saída: 22:00h
  • Lugar: Centro de Saúde de A Gudiña.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/testeiro-2-a-gudina-277547068

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aínda que a organización aporte auga e froita.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Uso recomendado de gorro/a, crema solar e lentes.
  • Respectar as instrucións da organización.
  • Por ser unha ruta nocturna hai que levar lanterna.

08 agosto 2026
Gratuito Gratuito

Lugar de encuentro

Centro de Saúde de A Gudiña

42.0594708, -7.1249695

+ Google Map

Indica el número de reservas:

8 agosto. Rutas Xeodestino 2026: A GudiñaGratis