Ruta 8: circular de O Riós

Cargando Eventos

Ruta 8: circular de O Riós

06 septiembre 2026

O Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o sábado 5 de setembro ás 14:00 h.

Ruta 8 – circular de O Riós

Domingo 6 de setembro, ás 9:00 horas. Ruta circular.

A Ruta 8 das Andainas Xeodestino 2026 Verín-Monterrei, desenvolverase no concello de O Riós, cunha proposta polo entorno da propia vila para coñecer a súa contorna en especial Pena do Souto, Florderrei, Marcelín.

  • Distancia: 13 km.
  • Dificultade: media.
  • Duración: 4 horas (aproximadamente).
  • Desnivel acumulado: 281 metros.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Hora de saída: 9:00h
  • Lugar: edificio do Concello.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-circular-rios-xeodestino-2026-283186100

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aínda que a organización aporte auga e froita.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Uso recomendado de gorro/a, crema solar e lentes.
  • Respectar as instrucións da organización.

06 septiembre 2026

Lugar de encuentro

Casa do Concello de O Riós

Praza do Concello, 1
O Riós, Ourense 32610

+ Google Map

Indica el número de reservas:

6 setembro. Rutas Xeodestino 2026: O RiósGratis