Ruta 9: contorna de A Mezquita

Cargando Eventos

Ruta 9: contorna de A Mezquita

12 septiembre 2026

O Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para esta ruta estarán abertas ata o venres 11 de setembro ás 19:00 h.

Ruta 9 – pola contorna de A Mezquita

Sábado 12 de setembro, ás 9:00 horas. Ruta lineal.

A Ruta 9 das Andainas Xeodestino 2026 Verín-Monterrei, desenvolverase no concello de A Mezquita, cunha proposta polo entorno da propia vila para coñecer a súa contorna en especial de Chaguazoso ata Moimenta.

  • Distancia: 12 km.
  • Dificultade: media.
  • Duración: 4 horas (aproximadamente).
  • Desnivel acumulado: 180 metros.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.
  • Hora de saída: 9:00h
  • Lugar: Praza de Chaguazoso.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Fin: Moimenta, con posterior traslado ao punto de inicio en autobús.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.

Track e máis información

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-natureza-e-contrabando-a-mezquita-284613254

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido, aínda que a organización aporte auga e froita.
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Respectar as instrucións da organización.

12 septiembre 2026

Lugar de encuentro

Praza de Chaguazoso

41.974827, -7.0451944

+ Google Map

Indica el número de reservas:

12 setembro. Rutas Xeodestino 2026: A MezquitaGratis