Sta. Mariña Augas Santas e visita arqueolóxica Armea

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Sta. Mariña Augas Santas e visita arqueolóxica Armea

22 julio 2021
Dentro da actividade, descubriremos o lugar de Armea nun pequeno paseo interpretado

Nesta visita interpretativa de carácter cultural descubriremos o conxunto arqueolóxico e monumental do Castro de Armea, e os exteriores da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).

  • Quedamos en: Aparcadoiro Santa Mariña de Augas Santas.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 11.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 13.30 horas.
  • Distancia percorrida: 3 km.
  • Dificultade: baixa (apta para nenos).

ATENCIÓN! Prazas esgotadas! Moitas grazas polo voso interese.

Máis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).

Visita Santa Mariña de Augas Santas

Iglesia de Santa Mariña de Augas Santas
Imponente igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.

Comezamos na igrexa románica de Sta Mariña de Augas Santas, un magnífico templo expoñente deste período, considerado un dos máis espectaculares e fermosos da comunidade galega. Daremos un pequeno paseo pola aldea de Santa Mariña de Augas Santas para coñecer a súa igrexa, declarada Monumento Nacional en 1931, e o seu núcleo urbano, considerado Conxunto Histórico Artístico desde 1963.

Ruta arqueolóxica de Armea

Un nutrido grupo de personas atiende a las explicaciones de la Guía Oficial de Turismo de Xeitura que interpreta la Cibdá de Armea (Allariz, Ourense), cuyos muros de piedra vuelven a erguirse tras su excavación en un hermoso entorno rodeado de carballos
A través de pequenas paradas interpretativas, iremos descubrindo a realidade histórica e a lenda do lugar máxico de Armea.

Desde Santa Mariña de Augas Santas percorreremos unha fermosa zona de bosque autóctono pola que pasa o Camiño de Santiago, e a través de pequenas paradas interpretativas, iremos descubrindo a realidade histórica e a lenda deste lugar máxico, pasando polo «Forno da Santa», o conxunto rupestre de Monte Señoriño, chegando ata as excavacións do Castro de Armea, un lugar único en Galicia debido á grande riqueza arqueolóxica, á súa potencialidade temporal e á conservación íntegra da lenda e os ritos asociados a ela.

Un paseo por unha contorna espectacular levaranos ata a Cibdá de Armea

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
  • Tamén é recomendable levar unha lanterna.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
22 julio 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: ,
Importante levar calzado cómodo e pechado, e lanterna.
Apto para tódolos públicos.
Máximo participantes: 8pax.
Máis información sobre a actividade e inscricións en turismo@xeitura.com, ou no teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).

PUNTO DE ENCONTRO E INICIO:
Aparcadoiro Sta. Mariña Augas Santas, ás 11:00 horas · Prégase puntualidade ·
Ver mapa de localización.