Cogumelos e queixo en Castro Caldelas

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Cogumelos e queixo en Castro Caldelas

24 abril 2021

Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, de xornada completa, coñeceremos os valores gastronómicos dos cogumelos de primavera e do queixo de Castro Caldelas.

ATENCIÓN! As prazas están esgotadas. Moitas grazas polo voso interese!

Prezo da actividade:

  • 3€/pax.
  • Inclúe: guía intérprete titulado durante a actividade, visita a queixería, petiscos, seguro RC e accidentes, e IVE.
  • Non inclúe: comida.

Actividade de mañá: cogumelos de primavera

  • Quedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912, -7.415467.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas.
Na mañá do sábado tentaremos atopar os cogumelos que nesta primavera poideron medrar nos arredores de Castro Caldelas, como esta Morchella. Coñécelos connosco!

Aprende a través desta saída de iniciación o fascinante mundo da Micoloxía para recoñecer os cogumelos comestibles, tóxicos e psicoactivos mais comúns e as súas posibles confusións. Faremos unha camiñada de 4 km nos arredores da poboación de Castro Caldelas, na procura de especies primaverais.

Ao rematar, gozaremos no castelo de Castro Caldelas dun petisco relacionado cos cogumelos de primavera.

Coas últimas choivas agardamos atopar numerosos cogumelos.

Como obxectivos principais, queremos dar a coñecer as partes do cogomelo para poder chegar á súa identificación, e sensibilizar da importancia e do papel dos cogomelos nos bosques, relacionando cada un deles coas especies vexetais ás que se asocia, determinando as funcións e beneficios principais para cada organismo.

Así mesmo, con esta actividade pretendemos estimular o cambio de valores, para concienciar no uso sostible dos cogumelos e o respecto de non esnaquizar os cogumelos no campo.

A comida será libre en Castro Caldelas, de 14:00 a 16:00. Despois terá lugar a visita á queixería.

Actividade de tarde: visita á queixería

Despois do xantar libre en Castro Caldelas, pola tarde volverémonos a reunir para visitar a queixería Touza Vella, recoñecida polo seu bo facer cos seus queixos de cabra. A visita rematará cunha degustación dos seus produtos.

  • Quedamos en: Queixería Touza Vella. Coordenadas: 42.3529759,-7.443727.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 16.30 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 18.00 horas.
Os queixos de cabra de Touza Vella teñen recoñecemento internacional. Visita connosco a súa queixería e coñécelos!

Recomendacións

Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de:

  • Botas de montaña e cortaventos.
  • Roupa cómoda ou roupa de abrigo.
  • Protección solar.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
24 abril 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: , ,
Máximo participantes: 16pax.

Precio

3€/pax.
Inclúe: guía intérprete titulado durante a actividade, visita a queixería, petiscos, seguro RC e accidentes, e IVE.
Non inclúe: comida (será libre).

Programación

  • 10:00 - Encontro na Praza do Prado de Castro Caldelas, e inicio da ruta/actividade de cogumelos
  • 14:00 - Fin ruta/actividade de cogumelos e petisco no castelo de Castro Caldelas
  • 14:00 a 16:00 - Comida libre en Castro Caldelas
  • 16:30 a 18:00 - Visita a Queixería Touza Vella e degustación
  •  

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.