Sendeirismo e kayak na Ribeira Sacra

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Sendeirismo e kayak na Ribeira Sacra

08 agosto 2020
Inscríbete 25€/pax.
Unha xornada para gozar da natureza do Canón do Sil.

Vente connosco a gozar das vistas do Canón do Sil e dos fermosos camiños da Ribeira Sacra, e remata o día navegando no río.

Esta actividade está promovida pola Casa da Mocidade do Concello de Allariz. Inscríbete en mocidade@allariz.com, ou no 988 680 434 (de 11:00 a 13:30, e 19:00 a 21:30).

Programación

  • 09:00 – Hora de saída do bus dende a casa da mocidade de Allariz.
  • 10:30 – Inicio de ruta de sendeirismo dende a Fábrica da Luz en Parada de Sil.
  • 10:30 – 14:30 – Ruta de Sendeirismo de 11 km e dificultade media.
  • 14:30-16:00 – Comida en Abeleda. (Recoméndase levar comida tipo bocadillo ou similar. En Abeleda hai un restaurante e unha tapería por se alguén quere tomar algo ou comprar bebida)
  • 16:00 – Traslado en bus ata o embarcadeiro Ponte do Sil
  • 16:30 – Inicio actividade de Kayak
  • 19:00 – Fin de actividade de Kayak e regreso
  • 20:30 – Chegada aproximada a Allariz

Recomendacións

  • A ruta a pé é de 11 km e dificultade media, a primeira parte ten algo de subida e o resto é moi levadeiro.
  • Recoméndase levar roupa e calzados cómodos e aptos para camiñar polo monte.
  • Importante levar calzado e camiseta que se poida mollar para o kayak e bañador ou similar, así como roupa para cambiarse.
  • Levar auga e comida para a ruta e para a comida (bocadillo ou similar).
  • COVID-19: Obligatorio uso de mascarilla e manter a debida distancia.
08 agosto 2020
Inscríbete 25€/pax.

Datos de interés

Categorías de Evento: ,
Inscricións en mocidade@allariz.com, ou no 988 680 434 (de 11:00 a 13:30, e 19:00 a 21:30).

Precio

25€/pax.
Inclúe: actividades guiadas por guías titulados, kayaks, transporte, seguros e IVE.

Lugar de encuentro

Casa da Mocidade – Concello de Allariz

Rúa da Liberdade, 7
Allariz, Ourense 32660 España

+ Google Map

Inscricións:
- mocidade@allariz.com
- 988 680 434 (de 11:00 a 13:30, e 19:00 a 21:30)