O concello de Vilar de Santos organiza esta serie de actividades coa intención de pór o foco no valor ambiental da aldea de Saa dentro da área da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Nesta actividade, dirixida aos veciños de Vilar de Santos e a todas aquelas persoas que o desexen, coñeceremos os proxectos culturais e ambientais realizados nos últimos tempos na aldea de Saa e na súa contorna. Percorreremos tamén a ruta do Ruxidoiro (2 km) e achegarémonos para finalizar á zona das Veigas. Disfrutaremos dun petisco durante a actividade!
- Xornada de portas abertas na aldea de Saa – 23 marzo.
- Quedamos en: aldea de Saa (Vilar de Santos).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 10.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 14.00 horas (aproximadamente).
- Actividade de balde.
- Apto para todos os públicos. Nenos recomendado a partir de 6 anos.
- A actividade inclúe seguros de RC e accidentes.
Inscricións
- Necesaria inscrición nesta web.
- Prazas limitadas a 20 persoas.
Recomendacións
- Levar roupa e calzado adecuados para camiñar e roupa de abrigo.
- Levar auga e algo de comida para o descanso.

