Inauguración da Ruta do Canón de O Bibei

Cargando Eventos

Inauguración da Ruta do Canón de O Bibei

08 noviembre 2025
Inscríbete Gratuito
Viñedos en bancais na Ruta do Canón do Bibei

O día 8 de novembro o Concello de O Bolo inaugura un percorrido polo val do Bibei entre a aldea de Tuxe e o Santuario das Ermitas. Despois dun duro traballo de recuperación de camiños olvidados dende fai décadas, recuperáronse estes para gozar da beleza da zona. Percorreremos soutos de castiñeiros, a antiga ponte Teixeira sobre o Bibei e bancais infinitos antigamente adicados ao cultivo da vide e hoxe retomados polo bosque autóctono.

Ao finalizar quen o desexe poderá visitar o Santuario das Ermitas.

Inscricións abertas ata o venres 7 de novembro ás 12.00 h (mediodía), ou ata completar as prazas.

  • Quedamos en: aparcadoiro da área fluvial de As Ermitas. Deixaremos os coches neste punto e un autobús levaranos ata o punto de inicio en Tuxe, xa que é unha ruta lineal (inicio nas Bodegas de O Souto).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 9.00 h.
  • Saída do autobus: 09.15 h (aprox.).
  • Hora estimada de finalización: 13.30 h (aprox.).
  • Inauguración da Ruta do Canón do Bibei – sábado, 8 novembro.
  • Ruta lineal de 7 km.
  • Dificultade media. A ruta non require moito esforzo físico xa que é en moitos tramos de baixada (acumulado negativo: 620 m.; acumulado positivo: 260 m.). O que sí require atención xa que hai algúns tramos estreitos e é recomendable o uso de bastóns para as baixadas.
  • Actividade de balde.
  • Poden ir nenos/as a partir de 10 anos, acompañados dun adulto.
  • É imprescindible inscribirse na web para participar. Prazas limitadas!

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Recoméndase o uso de bastóns xa que nos axudarán bastante nas baixadas.
  • Aínda que haberá avituallamento, recoméndase levar auga para o percorrido.

 

Cartel andaina inauguración Ruta do Canón do Bibei - 8 novembro 2025

08 noviembre 2025
Inscríbete Gratuito

Lugar de encuentro

Área fluvial As Ermitas

42.2920295,-7.1357857

+ Google Map

Indica el número de reservas:

8 novembro. Inauguración da Ruta do Canón do BibeiGratis