O concello de Baños de Molgas e a Deputación de Ourense promoven Un verán na natureza: actividades de turismo activo para todo tipo de público.
Cada dÃa estará adicado a unha actividade diferente.
- Actividade de balde.
- É preciso inscrición.
- En caso de acudir menores, é necesario que veñan cun adulto responsable del.
- Máximo de participantes por actividade: 20 persoas.
- Máis información sobre as actividades no 635482477.
Atención! As prazas para as actividades están esgotadas. Moitas grazas polo voso interese!
- Datas das actividades:
- Sábado, 24 xullo – Sendeirismo.
- Sábado, 31 xullo – Ruta en bici (nivel iniciación).
- Sábado, 7 agosto – Xeocaching.
- Xoves, 12 agosto – Ruta de sendeirismo e Observación do ceo nocturno.
- Lugar de encontro: Parque de AnsuÃña (en Baños de Molgas).
- Ver lugar de encontro en Google Maps: preme aquÃ.
24 xullo – Sendeirismo
- Ruta circular Baños de Molgas – Santa Eufemia de AmbÃa – Ponte AmbÃa – Baños de Molgas.
- SaÃda ás 9:00 h do Parque de AnsuÃña.
- Distancia: 16,5 km.
- Dificultade: media.
- Con avituallamentos.
31 xullo – Ruta en bici
- Ruta circular de 20 km.
- SaÃda ás 9:00 h do Parque de AnsuÃña.
- Trátase unha ruta de iniciación á BTT. Pódense inscribir menores a partir de 10 anos acompañados por un adulto.
- Con avituallamento.
7 agosto – Xeocaching
- SaÃda ás 10:00 h do Parque de AnsuÃña.
- Actividade moi divertida para gozar en familia.
- Atopa o tesouro nun percorrido duns 5 km polos bosques e a vila de Baños de Molgas.
- Recomendacións: é convinte levar auga e petisco.
12 agosto – Ruta e Observación do ceo nocturno
- SaÃda ás 21:30 h do Parque de AnsuÃña.
- Pequena ruta de 4 km ata a Capela de San Vitorio, en Presqueira, para a actividade de observación do ceo nocturno.
- Volta ás 00:00 h ata o Parque de AnsuÃña cunha pequena ruta de 3 km.
- Posibilidade de asistir só á actividade de observación do ceo nocturno, sen pequena ruta. Para as persoas que acudan directamente ao punto de observación, o punto de encontro é a capela de San Vitorio (ver en Google Maps) ás 22:30 h.
- Recomendacións: é convinte levar lanterna, roupa de abrigo e esterilla para poñer no chan.
Recomendacións
- Levar roupa cómoda, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
Medidas COVID-19
- GuÃa e participantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.