Ruta 2. Vilariño de Conso: Edrada e San Mamede de Edrada

Cargando Eventos

Ruta 2. Vilariño de Conso: Edrada e San Mamede de Edrada

20 junio 2026
Inscríbete Gratuito

Xeodestino Verín-Monterrei ten o interese de promocionar o seu territorio mediante as rutas máis representativas que o percorren. Trátase de 12 rutas, unha por concello, que nos achegan á nosa natureza e ao noso patrimonio do xeito máis saudable.

As inscricións para a primeira ruta estarán abertas ata o vernes 19 de xuño ás 14:00 h.

Ruta 2 – Vilariño de Conso: Edrada e San Mamede de Edrada

Sábado 20 de xuño.

A ruta estrutúrase en dous bucles enlazados. O primeiro, de 7,5 km e 480 m de desnivel acumulado, parte da Área recreativa de Edrada e chega ata San Mamede de Edrada pasando polo miradoiro da fervenza de Edrada. O segundo, de 11,5 km e 280 m de desnivel acumulado, comeza en San Mamede de Edrada e funciona como complemento para quen queira alongar a andaina, rematando novamente na Área recreativa de Edrada.

Ao longo do percorrido poderanse descubrir lugares como Edrada, o miradoiro da fervenza de Edrada, San Mamede de Edrada e a Cova Chellos, nunha contorna de gran valor natural e paisaxístico.

A dificultade estimada é media / media-alta, cun tempo aproximado de 5 horas para quen realice os dous bucles.

  • Hora de saída: 09:00h
  • Lugar: área recreativa de Edrada.
  • Ver lugar de encontro en Google Maps.
  • Actividade de balde. Necesaria inscrición.
  • Apto para todos os públicos. Menores de entre 10 e 18 anos, acompañados por un/a adulto/a.
  • Animais permitidos.

Bucle 1: Edrada – San Mamede de Edrada

O Bucle 1 comeza na Área recreativa de Edrada e permite descubrir a contorna máis próxima ao val. O itinerario achégase ao miradoiro da fervenza de Edrada, un dos puntos máis fermosos do percorrido, desde onde se pode contemplar a caída de auga e a paisaxe de montaña que a rodea.

A ruta continúa cara a San Mamede de Edrada, lugar de interese patrimonial e paisaxístico. Este tramo permite gozar de camiños tradicionais, vistas abertas e dunha contorna natural moi representativa do concello de Vilariño de Conso.

Ao chegar a San Mamede de Edrada, as persoas participantes poderán optar por continuar co Bucle 2, ampliando así a ruta, ou rematar esta primeira parte de novo na área recreativa de Edrada.

Bucle 2: San Mamede de Edrada – Área recreativa de Edrada

O Bucle 2 é o tramo complementario da ruta para aquelas persoas que queiran alongar a a ruta e completar unha experiencia máis ampla. A diferenza do Bucle 1, este percorrido comeza en San Mamede de Edrada e remata na Área recreativa de Edrada, funcionando como enlace de regreso para quen decida facer os dous bucles.

Trátase dun percorrido de aproximadamente 11,5 km,  cun desnivel positivo acumulado de arredor de 280 m. O itinerario acada unha altitude máxima próxima aos 1.309 m e descende progresivamente ata a contorna da Área recreativa de Edrada, situada arredor dos 881 m.

Ao longo deste segundo tramo a ruta percorre unha paisaxe de montaña aberta, con zonas de forte carácter natural e vistas amplas sobre o territorio. O camiño pasa por varios puntos de interese sinalados no track, como a Cova de Chellos, a  Cheminea Central de Soutelo, un Curral , o Encoro Edrada-Conso e remata na Área Recreativa de Edrada.

Indicacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Haberá varios puntos de avituallamento en ruta, pero recoméndase levar auga e algo de comida para o percorrido.
  • Recoméndase bastóns de trekking debido a dificultade da ruta (tamén levará a organización).
  • Respectar o medio natural sen tirar lixo, nin danar obxectos que se atopen no percorrido.
  • Hidratarse convenintemente.
  • Uso recomendado de gorro/a, crema solar e lentes.
  • Respectar as instrucións da organización.

20 junio 2026
Inscríbete Gratuito

Lugar de encuentro

Área recreativa de Edrada

42.147757, -7.231295

+ Google Map

Indica el número de reservas:

20 xuño. Rutas Xeodestino 2026: Vilariño de ConsoGratis