Acción en Ruta

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Acción en Ruta

27-29 agosto 2021

No marco do Camiño de Santiago, os concellos de Monterrei, Laza e Cualedro promoven as visitas teatralizadas de Acción en Ruta, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Acción en Ruta está ambientada na Guerra de Secesión entre España e Portugal, a mediados do século XVII. Nestes intres un peregrino percorre o Camiño de Santiago a través destas terras convulsas. Nas visitas teatralizadas serás testemuña dunha serie de encontros e desencontros entre personaxes de ambos bandos, e as aventuras e as intrigas que viven ao redor do Camiño de Santiago.

O tempo de duración das actuacións é de 90 minutos, aproximadamente.

Máis información na web do proxecto Acción en Ruta.

DATAS DAS ACTUACIÓNS

  • 25 xuño, ás 21:00 – Castelo de Monterrei. PRAZAS ESGOTADAS.
  • 26 xuño, ás 21:00 – Laza. PRAZAS ESGOTADAS.
  • 27 xuño, ás 11:45 – Montes (Concello de Cualedro). PRAZAS ESGOTADAS.
  • 9 xullo, ás 22:00 – Xironda (Concello de Cualedro). Para inscribirte, preme aquí.
  • 11 xullo, ás 11:30 16 xullo, ás 21:30Matamá (Concello de Laza). PRAZAS ESGOTADAS. Para información sobre a visita, preme aquí.
  • 10 xullo, ás 22:00 5 agosto, ás 21:30Infesta (Concello de Monterrei).
  • 27 agosto, ás 21:00 – Retorta (Concello de Laza). Para inscribirte, preme aquí.
  • 28 agosto, ás 21:30 – Cualedro. Para inscribirte, preme aquí.
  • 29 agosto, ás 11:30 – Vences (Concello de Monterrei). Para inscribirte, preme aquí.

Prezo: actuacións de balde. Necesaria inscrición.

Todas as actuacións desenvólvense no exterior, e moitas celébranse na maxia das noites de verán.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.

Máis información na web do proxecto Acción en Ruta.

27-29 agosto 2021

Datos de interés

Categorías de Evento:
As actuacións son no exterior.

Precio

Actividade de balde
É necesaria inscrición.

Programación

  • 25 xuño ás 21:00 - Castelo de Monterrei
  • 26 xuño ás 21:00 - Laza
  • 27 xuño ás 11:30 - Montes (Concello de Cualedro)
  • 9 xullo ás 22:00 - Xironda (Concello de Cualedro)
  • 16 xullo ás 21:30 - Matamá (Concello de Laza)
  • 5 agosto ás 21:30 - Infesta (Concello de Monterrei)
  • 27 agosto ás 21:00 - Retorta (Concello de Laza)
  • 28 agosto ás 21:30 - Cualedro
  • 29 agosto ás 11:30 - Vences (Concello de Monterrei)
  •