No marco do Camiño de Santiago, dende Xeitura promovemos xunto ao concello de Allariz As Pegadas de Mariña, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Trátase de visitas teatralizadas ao conxunto arqueolóxico de Armea, marabilloso lugar onde se mestura a lenda coa historia real.
- As Pegadas de Mariña. 12 agosto ás 21:00.
- Quedamos en: aparcadoiro do lugar de Armea.
- Ver punto exacto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
- Tempo de duración: 90 minutos, aproximadamente.
- Dificultade: baixa (apta para menores). Non apta para persoas con mobilidade reducida.
- Prazas limitadas a 15 persoas por pase.
Prezo:
- Adultos e menores dende 13 anos: 12€/pax.
- Menores ata 12 anos: 8€/pax.
DATAS DAS ACTUACIÓNS.
- Venres, 2 xullo – aforo COMPLETO. Sesión única:
- Ás 21:00.
- Sábado, 17 xullo – aforo COMPLETO.
- Venres, 6 agosto. Sesión dobre:
- Ás 18:00 – Preme aquí para reservar.
- Ás 21:00 – Preme aquí para reservar.
- Xoves, 12 agosto. Sesión dobre:
- Ás 18:00 – Preme aquí para reservar.
- Ás 21:00 – Preme aquí para reservar.
- Venres, 13 agosto. Sesión única:
- Ás 21:00 – Preme aquí para reservar.
- Venres, 3 setembro. Sesión única:
- Ás 20:30 – Preme aquí para reservar.

Así, a través dun percurso ao anoitecer duns 90 minutos de duración descubriremos as lendas deste enclave único e máxico do Camiño Mozárabe de Santiago grazas a tres personaxes que dunha forma didáctica e amena nos permitirán descubrir toda a historia da milenaria Cibdá de Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas.
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
Medidas COVID-19
- Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
