Cogomelos de primavera

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Cogomelos de primavera

10 mayo 2025

O concello de Vilar de Santos organiza esta serie de actividades coa intención de pór o foco no valor ambiental da aldea de Saa dentro da área da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Nesta actividade, aberta a todos os públicos, faremos un pequeno percorrido na contorna da Aldea de Saa para adentrarnos no mundo dos cogomelos de primavera. Da man dun especialista coñeceremos as especies máis importantes que se dan nesta época e, finalmente, degustaremos un petisco a base de cogomelos.

Inscricións abertas ata o venres 9 de maio, ou ata completar as prazas.

  • Cogomelos de primavera na aldea de Saa – 10 maio.
  • Quedamos en: aldea de Saa (Vilar de Santos).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas (aproximadamente).
  • Actividade de balde.
  • Apto para todos os públicos. Nenos recomendado a partir de 6 anos.
  • A actividade inclúe seguros de RC e accidentes.

Inscricións

  • Necesaria inscrición nesta web.
  • Prazas limitadas a 25 persoas.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado adecuados para camiñar.
  • Levar auga e algo de comida para o descanso.
  • Recomendable levar cesta e utensilios para apañar cogomelos.

 

 

10 mayo 2025

Lugar de encuentro

Aldea de Saa

42.0928153,-7.7893573

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.