Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o concello de Laza promove o proxecto Faise camiño ao andar, co que se pretende amosar mediante visitas guiadas, visitas dramatizadas e camiñadas a grande riqueza monumental, paisaxÃstica e etnográfica de Laza asociada ao Camiño de Santiago.
- Visitas de balde.
- É necesaria inscrición.
- Todas as visitas comezan ás 20:00 horas. Teñen unha duración aproximada de 75 minutos.
- Lugar de encontro: Praza da Picota (ver en Google Maps).
- Nº máximo: 20 persoas.
- Nº mÃnimo para que se efectúe a visita: 4 persoas.
- As reservas pecharanse 12 horas antes do momento da visita.
Máis información no 609474976.
VISITAS GUIADAS ao casco histórico de Laza
Promoven o coñecemento do patrimonio cultural, material artÃstico e inmaterial do concello.
Estas son as súas datas:
- Mes de xullo:
- Venres, 16 – Sábado, 17 – Venres, 23 – Venres, 30.
- Mes de agosto:
- Venres, 6 – Venres, 13 – Sábado, 14 – Venres, 20 – Domingo, 29.
- Mes de setembro:
- Venres, 3 – Sábado, 4 – Sábado, 11 – Venres, 17 – Sábado, 18 – Venres, 24.
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
Medidas COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.