A través deste itinerario cultural-patrimonial descubrimos puntos crave do Patrimonio da nosa provincia e asociados ás comarcas de A Limia e Allariz-Maceda, de gran importancia e que abranguen un amplísimo periodo de tempo na historia ourensá.
- Punto de encontro: Oficina de Xeitura, en C/Emilia Pardo Bazán, Allariz (Estación de Autobuses).
- Ver punto exacto en el mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 10.00 horas.
- Hora fin: 19.00 horas (aprox.)
- Mínimo participantes: 5 persoas.
- Máximo participantes: 9 persoas.
- Desprazamentos aos lugares de visita en coches particulares.
Prezo da actividade:
- Adultos e menores dende 13 anos: 9€/pax.
- Menores até 12 anos: de balde.
- Inclúe: Seguros R.C., visita guiada por Guía Oficial de Turismo e IVE.
Máis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).
Visita da mañá: o gótico de Sandiás e San Salvador dos Penedos
O luns 12 de outubro pola mañá visitaremos a igrexa de Santo Estevo de Sandiás. É unha gran oportunidade para descubrir este magnífico exemplar tardogótico con grande riqueza tanto arquitectónica como escultórica, como poderemos ver no seu retablo maior, obra de Francisco de Moure, o gran expoñente da escultura galega no primeiro terzo do século XVII.
Esta visita está patrocinada polo Concello de Sandiás.

Despois da visita ao gótico de Sandiás marcharemos cara a San Salvador dos Penedos, parroquia do Camiño de Santiago en Allariz, onde visitaremos a aldea coa súa igrexa románica e, tras camiñar un anaco por un fermoso bosque autóctono, gozaremos coas vistas e a historia descuberta no xacemento medieval do Castelo de Todea.


Xantar libre en Allariz
Deixaremos atrás San Salvador dos Penedos para ter tempo libre e xantar en Allariz (non incluído na actividade). Aquí recomendamos gozar das Xornadas de Carne de Boi, que aínda se celebran nesta data. Pódese descargar a información dos establecementos adheridos a estas xornadas na web do Concello de Allariz: https://www.allariz.gal/carnedeboi/
Visita da tarde: Santa Mariña de Augas Santas e Armea
Pola tarde continuaremos coa visita a Sta Mariña de Augas Santas, e o seu magnífico templo expoñente do período románico, considerado un dos máis espectaculares e fermosos da comunidade galega e que foi declarada Monumento Nacional en 1931. Tamén daremos un pequeno paseo polo núcleo urbano, considerado Conxunto Histórico Artístico desde 1963.

Despois percorreremos unha preciosa zona de bosque autóctono pola que pasa outro tramo do Camiño de Santiago, e a través de pequenas paradas interpretativas, iremos descubrindo a realidade histórica e a lenda deste lugar máxico, pasando polo “Forno da Santa”, o conxunto rupestre de Monte Señoriño, chegando ata as escavacións do Castro de Armea, un lugar único en Galicia debido á gran riqueza arqueolóxica, á súa potencialidade temporal e á conservación íntegra da lenda e os ritos asociados a ela.

Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
- Para a visita a Santa Mariña e Armea, levar lanterna.
Medidas COVID-19
- Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
Esta actividade está patrocinada por Espazo BenComún e Amigos do BenComún.