O día 8 de novembro o Concello de O Bolo inaugura un percorrido polo val do Bibei entre a aldea de Tuxe e o Santuario das Ermitas. Despois dun duro traballo de recuperación de camiños olvidados dende fai décadas, recuperáronse estes para gozar da beleza da zona. Percorreremos soutos de castiñeiros, a antiga ponte Teixeira sobre o Bibei e bancais infinitos antigamente adicados ao cultivo da vide e hoxe retomados polo bosque autóctono.
Ao finalizar quen o desexe poderá visitar o Santuario das Ermitas.
Inscricións abertas ata o venres 7 de novembro ás 12.00 h (mediodía), ou ata completar as prazas.
- Quedamos en: aparcadoiro da área fluvial de As Ermitas. Deixaremos os coches neste punto e un autobús levaranos ata o punto de inicio en Tuxe, xa que é unha ruta lineal (inicio nas Bodegas de O Souto).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 9.00 h.
- Saída do autobus: 09.15 h (aprox.).
- Hora estimada de finalización: 13.30 h (aprox.).
- Inauguración da Ruta do Canón do Bibei – sábado, 8 novembro.
- Ruta lineal de 7 km.
- Dificultade media. A ruta non require moito esforzo físico xa que é en moitos tramos de baixada (acumulado negativo: 620 m.; acumulado positivo: 260 m.). O que sí require atención xa que hai algúns tramos estreitos e é recomendable o uso de bastóns para as baixadas.
- Actividade de balde.
- Poden ir nenos/as a partir de 10 anos, acompañados dun adulto.
- É imprescindible inscribirse na web para participar. Prazas limitadas!
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
- Recoméndase o uso de bastóns xa que nos axudarán bastante nas baixadas.
- Aínda que haberá avituallamento, recoméndase levar auga para o percorrido.

