Inauguración Ruta ambiental dos Vales Glaciares de Manzaneda

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Inauguración Ruta ambiental dos Vales Glaciares de Manzaneda

26 marzo 2023

Esta ruta está promovida polo Concello de Manzaneda e pola Consellería de Medio Ambiente, e conta coa colaboración da Estación de Montaña de Manzaneda. Nela percorreremos paraxes incluídos no Espazo natural ZEC Macizo Central pertencente á Rede Natura 2000.

Unha ruta esixente pero de espectacular beleza que nos leva polas montañas de Manzaneda, zonas de bosque, vales e lagoas glaciares e tamén pola aldea abandonada de Prada.

É imprescindible inscribirse para participar.

  • As inscricións están abiertas ata o xoves 23 de marzo, ás 24.00 h.
  • Lugar de encontro: Estación de Montaña Manzaneda. Explanada fronte as taquillas.
  • Ver lugar de encontro no mapa: abrir Google Maps.
  • Hora de saída: 10.00 h. Prégase estar ao menos 10 minutos antes no punto de inicio.
  • Hora aprox. de finalización: 17.00 h.
  • Máximo participantes: 100 persoas.
  • Menores: dada a dificultade do percorrido, a partir de 16 anos e só se están moi acostumados a camiñar.

Lembrade! A noite do sábado 25 ao domingo 26 cambia a hora.

Prezo:

  • De balde.
  • Inclúese: guías intérpretes titulados durante a actividade, seguro RC e accidentes.
Aldea abandonada de Prada, no val glaciar do mesmo nome

Datos da ruta

  • Dificultade media-alta. Trátase dun percorrido esixente dende o punto de vista físico que require posuír unha preparación física axeitada a este tipo de rutas. Podes ver aquí a nosa clasificación de dificultades.
  • Distancia: 20,5 km.
  • Tempo aproximado de realización: 6-7 horas.
  • Acumulado positivo: 810 m.

Recomendacións

  • Ainda que haberá algún avituallameno, recoméndase levar comida (tipo picnic) e auga suficientes, pois comeremos nalgún punto da ruta.
  • Levar roupa e calzado axeitados para a realización da actividade. Recomendamos levar pantalón longo.
  • A ruta é en zonas de montaña, onde o tempo pode ser moi cambiante. É recomendable por tanto levar algo de roupa de abrigo.
Ao longo da ruta coñeceremos o pasado glaciar da Serra de Queixa. Na imaxe, val glaciar de As Aguilladas
Lagoa Grande, no val de As Aguilladas. Todo o percorrido da ruta pertence á Rede Natura 2000 ZEC Macizo Central, e atópase nun equilibrio ecolóxico que debemos respectar
26 marzo 2023

Datos de interés

Categorías de Evento:
Imprescincible inscribirse para poder participar

Precio

De balde
Inclúe: guías intérpretes titulados durante a actividade, seguro RC e accidentes

Lugar de encuentro

Estación de Montaña de Manzaneda (explanada fronte as taquillas)

42.273223,-7.292364

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.