Promovida polo concello de Vilar de Barrio, a ruta de San Mamede – Pozo dos Mouros é un PR-G de montaña que ofrece grandes recompensas ao percorrela. Na súa inauguración poderás facelo ademais da man de guÃas titulados, e coñeceras lugares únicos como o nacemento do rÃo Arnoia ou a ermida de San Mamede e a súa contorna.
Un grande percorrido por camiños tradicionais entre bosques e zonas de prados e pastos que te levará ás alturas para admirar unha panorámica sen igual de gran parte do territorio de Ourense.
- Lugar de encontro: aparcadoiro na entrada de Rebordechao (Vilar de Barrio).
- Ver lugar de encontro no mapa: abrir Google Maps.
- Hora de encontro: 9:30 h.
- Hora aprox. de finalización: 17:00 h.
- Máximo participantes: 24 persoas, divididas en grupos de 8 cun guÃa.
As prazas están esgotadas. Moitas grazas polo voso interese!
Prezo:
- 5€/pax.
- Este prezo inclúe: guÃas intérpretes titulados durante a actividade, seguro RC e accidentes, e IVE.

Datos da ruta
Dificultade media-alta. Podes ver aquà a nosa clasificación de dificultades.- Distancia: 15 km.
- Tempo aproximado de realización: 6 horas.
- Acumulado positivo: 934 m.
Recomendacións
- Hai que levar comida (tipo picnic) e auga suficientes, pois comeremos nalgún punto da ruta.
- Levar roupa e calzado adecuados para a realización da actividade. Recomendamos levar pantalón largo.
- A ruta é en zonas de montaña, onde o tempo pode ser moi cambiante: é recomendable levar algo de roupa de abrigo.
Medidas anti COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.

