O Camiño Augas Sacras, de día e de noite

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O Camiño Augas Sacras, de día e de noite

14 agosto 2021

Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, de xornada completa, realizaremos unha ruta de sendeirismo con visita á histórica igrexa de San Xoan de Camba, xogaremos en familia á busca do tesouro no castelo e na vila de Castro Caldelas, gozaremos dunha visita guiada á vila e ao castelo e realizaremos unha actividade de observación do ceo nocturno na Torre da Homenaxe.

Podes apuntarte ás actividades que desexes.

Prezo da actividade:

  • Actividade de mañá – Roteiro de Camba: 5€/pax.
  • Actividades de tarde – Visita teatralizada + Observación ceo nocturno: 8€/pax. Atención! Prazas completas.
  • Todas as actividades – Roteiro de Camba + Visita teatralizada + Observación ceo nocturno: 10€/pax. Atención! Prazas completas.

En todos os casos, o xogo para familias da busca do tesouro no castelo e a vila é opcional.

Actividade de mañá: ruta de sendeirismo

  • Quedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912, -7.415467.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 10.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 14.00 horas.

Nesta actividade realizaremos pola mañá un roteiro guiado e interpretado que nos levará polo bucle curto da Ruta dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas. No roteiro poderemos gozar de zonas de bosque, do río Edo e do fermoso sendeiro da súa ribeira. Tamén faremos unha parada na igrexa e antigo Mosteiro de San Xoan de Camba, para coñecer algúns dos seus segredos!

Os bosques de Castro Caldelas son realmente máxicos!

Datos técnicos da ruta de sendeirismo

  • Distancia: 6 km.
  • Desnivel positivo: 200 m.
  • Dificultade: baixa-media. A ruta ten pouca distancia e pouco desnivel, e dependendo do tempo do que dispongamos despois da visita á igrexa de Camba (a metade de camiño) realizaremos unha versión máis curta ou máis longa da mesma.
  • Participantes: apta para todos os públicos cun mínimo de forma, e nenos (a partir de 6 anos) un pouco acostumados a camiñar.
  • Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese día, os asistentes vaian provistos de:
    • Levar roupa e calzados adecuados para camiñar
    • Levar algo de comida e bebida para a ruta.
    • Tamén recoméndase gorra e protección solar.

A comida será libre en Castro Caldelas, de 14:00 a 16:30. Despois terán lugar os xogos de busca no castelo e a vila de Castro Caldelas.

Actividade de tarde: xogos de busca en Castro Caldelas

Xa pola tarde realizaremos unha actividade no castelo e pola zona máis monumental de Castro Caldelas, onde teremos que, mediante pistas, descubrir os segredos dunha das fortalezas e da vila máis espectaculares de Galicia.

  • Quedamos en: porta de entrada do castelo de Castro Caldelas.
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 17.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 19.00 horas.

Visita teatralizada á vila e ao castelo

Con motivo do remate das obras de reconstrución do castelo tras as guerras irmandiñas, e despois dun longo litixio por mor dos moitos abusos ao que o pobo foi sometido na mesma, a Condesa Dona Beatriz, Señora de Castro Caldelas, pretende restablecer a paz cos seu vasalos. Para iso convídaos a un banquete. Se conseguirán amigar? Achégate a comprobalo nunha noite única!

  • Quedamos en: Praza do Prado (xunto á banderola de Un castelo no camiño).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 21.00 horas (prégase estar ao menos 10 minutos antes do comezo da representación).
  • Hora aprox. de finalización: 23.30 horas.

Ao rematar a representación, agasallaremos aos asistentes cun petisco no castelo.

A Condesa de Castro Caldelas dispoñe o porvir do pobo dende o castelo

Aconséllase que os asistentes vaian provisto de roupa de abrigo, pois a noite é fresca en Castro Caldelas e a visita desenvolverase no exterior.

Observación do ceo nocturno

Despois da representación e o petisco, realizaremos unha observación do ceo nocturno dende a Torre da Homenaxe do castelo.

A noite converte ao castelo de Castro Caldelas nun lugar cheo de maxia.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
  • Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.
14 agosto 2021

Lugar de encuentro

Praza do Prado (Castro Caldelas)

42.37486, -7.41547

+ Google Map

Programación

  • 10:00 - Encontro na Praza do Prado de Castro Caldelas (prégase estar ao menos 10 minutos antes). Dende aquí comezaremos a ruta
  • 10:00 a 14:00 - Ruta interpretada e parada na Igrexa de Camba
  • 14:00 a 16:30 - Comida libre en Castro Caldelas
  • 17:00 a 19:00 - Realización dos xogos de pistas no castelo e a vila
  • 21:00 a 23:30 - Visita teatralizada á vila e ao castelo
  • 23:30 a 00:30 - Observación do ceo nocturno
  •  

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.