Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, de xornada completa, coñeceremos os valores gastronómicos dun dos máis grandes produtos tÃpicos de Castro Caldelas: o viño, que conta coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Prezo da actividade:
- 3€/pax.
- Inclúe: guÃa intérprete titulado durante a actividade, ruta guiada, visita á adega Ponte da Boga, seguro RC e accidentes, e IVE.
- Non inclúe: comida.
Actividade de mañá: pequena ruta polos viñedos da viticultura heroica
- Quedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912, -7.415467.
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 10.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 13.00 horas.
Dende a Praza do Prado os participantes, seguindo as indicacións do noso técnico en actividades fÃsico-deportivas, desprazáranse nos seus propios vehÃculos ata o punto de inicio do roteiro. Haberá un avituallamento nun punto medio do percorrido.

Datos técnicos da ruta de sendeirismo
- Punto de inicio da ruta: ver en Google Maps.
- Distancia: 7 km.
- Percorrido: Celeirón – Noguedo – Casanova – Porteleiro – Pacios de Toutelle – O Pacio – Celeirón.
- Dificultade: media.
- Ver o roteiro en Wikiloc.
A comida será libre en Castro Caldelas, de 14:00 a 16:30. Despois terá lugar a visita á adega Ponte da Boga.
Actividade de tarde: visita á adega Ponte da Boga
Despois do xantar libre en Castro Caldelas, pola tarde volverémonos a reunir para visitar unha adega, onde nos explicarán o proceso de obtención do seu viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra e poderemos catalo.

- Quedamos en: Adegas Ponte da Boga.
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 16.30 horas.
- Hora aprox. de finalización: 18.00 horas.
Recomendacións
Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese dÃa, os asistentes vaian provistos de:
- Roupa e calzado cómodos e aptos para camiñar, bastón, auga, crema solar e gorra.
- Percorrido apto para nenos/as maiores de 10 anos, sempre acompañados dun adulto.
Medidas anti COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
- Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.